A NOSA TRADICIÓN ORAL 4. O PORCO.
Id: | 673 |
Coleccion: | Fondos propios do Museo do Pobo Galego. A nosa tradición oral |
Ano de recolla: | 1995 |
Concello: | Boqueixón. |
Informantes: | - Blanco, Andrea |
Audio (Conto de animais)
MPG_ TrOr_0004_022_en_0_31_31_id673.mp3 - Arquivo principal Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (1MB) |
|
Texto (Datos e transcrición)
MPG_TrOr_0004_022_en_0_31_31_D.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (162kB) |
Palabras chave: | conto porco animais encanto |
---|---|
Tipo de rexistro: | Etnográfico xeral |
Feito rexistrado: | Relato |
Áreas de coñecemento: | LITERATURA E DITOS POPULARES > Narrativa > Contos |
Colección: | Fondos propios do Museo do Pobo Galego. A nosa tradición oral |
Compilador: | Couceiro Puente, Manuel e Cotón Míguez, María Estrela |
Autor da recolla: | ., Teresa |
Informante: | Blanco, Andrea |
Lugar de compilación: | Boqueixón - Lestedo - Vilar |
Data: | 1995 |
Duración do corte: | 0 min. 45 seg. |
Soporte orixinal: | Casete |
Data de dixitalización: | 2018 |
Dixitalizador: | Cerdeira, Francisco |
Data da transcrición do texto: | 1995 |
Transcritor do texto: | Costa Pérez, Evelio e Fernández Cerviño, María Xosé e Lamela Villaravid, Carme |
Referencia do arquivo principal: | MPG_TrOr_0004_022_en_0_31_31_id673.mp3 |
Data de depósito: | 24 Ago 2021 18:39 |
URI: | http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/673 |
Notas sobre os informantes
Andrea Blanco tiña 80 anos no momento da recolla, naceu cara 1914.
Notas sobre o texto
Clasificación: Contos de animais
Notas sobre a transcrición do texto
Transcrición dispoñible en: Costa Pérez, Evelio; Fernández Cerviño, María Xosé e Lamela Villaravid, Carme (1996). Guía Didáctica A Nosa Tradición Oral. Museo do Pobo Galego; páx. 23. Dispoñible para consulta na sede do APOI no Museo do Pobo Galego.
Notas xerais
En 1994, o Museo do Pobo Galego presentou á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria un proxecto sobre a tradición oral, a desenvolver a través da escola. O programa comprendía dúas fases: un curso teórico previo para os profesores, e o traballo de campo, a realizar ao longo do ano escolar. A actividade, homologada pola Consellería, iniciouse coas sesións teóricas, celebradas entre o 7 e o 10 de novembro de 1994 nas dependencias do Museo. Durante os meses de novembro do 94 a maio do 95 desenvolveuse o traballo de campo, no que participaron profesores e alumnos de 24 institutos das provincias de A Coruña e Pontevedra. No ano 1995 realizouse a ordenación e clasificación da información recollida, de xeito que permitira o estudio, selección e elaboración de materiais para a confección dunha guía didáctica (publicada no 1996 polo Museo) e a formación dunha base de datos para fins de investigación conservada no APOI. (Referencia: A NOSA TRADICIÓN ORAL. Museo do Pobo Galego, 1996). A publicación constaba dun folleto e unha cinta magnetofónica, que reproducía unicamente unha breve selección das gravacións efectuadas por alumnos de centros escolares da Coruña e Pontevedra na fase de traballo de campo do programa Recupera-la tradición oral: un proxecto interactivo museo-escola.
Persoal do arquivo: | Editar elemento |