O MAR 12.3. ARTES DE PESCA.
Id: | 667 |
Coleccion: | Santos- Villaverde SaVi |
Ano de recolla: | 1992 |
Concello: | Moaña. |
Informantes: | - Parcero Chapela, Enrique - Pérez, María |
Audio (Entrevista)
MPG_SaVi_0012_003B_en_0_31_06_id667.mp3 - Arquivo principal Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (30MB) |
|
Texto (Documento de transcrición e análise)
MPG_SaVi_0012_003B_en_0_31_06_id667.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (186kB) |
Resumo / Descrición
Esta ficha recolle o terceiro corte dos que se divide a primeira das 26 entrevistas realizadas a Enrique Parcero Chapela e a María Pérez por Xosé C. Villaverde Román durante o verán de 1992 na zona de Moaña.
O informante Enrique Parcero fala do traballo con diferentes artes de pesca empregadas na zona: o cerco de xareta, o xeito e o boliche. A súa muller, María Pérez, particicipa na conversa.
Palabras chave: | mar , mariñeiro , Moaña , artes de pesca , aparello , cerco de xareta , embarcación , calón , truel , salabardo , cesta , caldeo , xeito, pimpón , boliche , traiñeira , regata , cabazo de viño , traballos da muller , atadeira , cope. |
---|---|
Tipo de rexistro: | Etnográfico xeral |
Feito rexistrado: | Entrevista |
Áreas de coñecemento: | SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Embarcacións SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Artes de pesca SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Saberes sobre o mar e o peixe |
Colección: | Santos- Villaverde SaVi |
Compilador: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
Autor da recolla: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
Informante: | Parcero Chapela, Enrique e Pérez, María |
Lugar de compilación: | Moaña - O Carmen - O Carmen |
Data: | 6 agosto 1992 |
Duración do corte: | 31 min. 17 seg. |
Soporte orixinal: | Casete |
Transcritor do texto: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
Referencia do arquivo principal: | MPG_SaVi_0012_003B_en_0_31_06_id667.mp3 |
Data de depósito: | 02 Ago 2021 10:08 |
URI: | http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/667 |
Notas da recolla
No verán de 1992 Xosé C. Villaverde Román realizou unha serie de entrevistas na zona de Moaña. O obxectivo era recopilar información de primeira man a través de fontes orais sobre os traballos e a vida cotiá no mar en Galicia de cara a publicación dun libro que levaría por título “O mundo do mar segundo a tradición oral”. Os traballos supuxeron todo un exercicio de memoria viva, recopilando unha valiosa información sobre saberes tradicionais do mundo do mar de man das propias persoas protagonistas. O libro nunca se chegou a publicar, non obstante as gravacións orixinais recollidas forman agora parte do APOI, que dispón de tódalas entrevistas realizadas, así como das transcricións e das análises das mesmas feitas e revisadas polos propios compiladores.
Na sede do APOI no Museo do Pobo Galego poden escoitarse as entrevistas completas. Nós eleximos presentar na rede as editadas (revisadas e cortadas en varias partes) polo propio compilador para optimizar o traballo de busca.
Notas sobre a dixitalización
Este arquivo chegou ao APOI xa dixitalizado,editado en cortes e gravado en CD. Asemade chegaron as cintas casete orixinais de procedencia.
Notas sobre a transcrición do texto
A transcrición fíxose nos 90 e foi revisada no 2021 polo propio compilador e o persoal do APOI.
Respectouse a pronuncia da persoa e as palabras e expresións coloquiais transcribíronse tal e como foron ditas. Nalgúns casos, o compilador introduciu notas a pé ou entre parénteses () para aclarar termos ou expresións, ou ben para aportar algún dato relevante sobre o que se está falando.
As partes nas que non se entende ben o que din o ou a informante están sinaladas con: (?).
Cando intervén María Pérez na conversa está indicado con: “(María)” antes do texto.
Notas xerais
Esta entrevista comeza no rexistro O MAR 12.2. (ID 666)
Persoal do arquivo: | Editar elemento |