O MAR 5.1. COBROS, PAGOS E REPARTO DO PEIXE.
| Id: | 635 | 
| Coleccion: | Santos- Villaverde SaVi | 
| Ano de recolla: | 1992 | 
| Concello: | Moaña. | 
| Informantes: | - Bernárdez Villaverde, Antonio José | 
| 
              
Audio (Entrevista)
 MPG_SaVi_0005_001_en_0_00_00_id635.mp3 - Arquivo principal Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (8MB)  | 
          |
| 
              
Texto (Documento de transcrición e análise)
 MPG_SaVi_0005_001_en_0_00_00_id635_D.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (165kB)  | 
          
Resumo / Descrición
Esta ficha recolle o primeiro corte dos que se divide a quinta das 11 entrevistas realizadas a Antonio José Bernárdez Villaverde por Xosé C. Villaverde Román durante o verán de 1992 na zona de Moaña. 
O informante fala do reparto de peixe entre os mariñeiros e o costume de salgar o que sobraba para o inverno. Tamén fala da economía dos mariñeiros, xa que o común era combinar o traballo no mar co traballo no campo.
| Palabras chave: | mar , pesca , venda de peixe , mariñeiro , embarcación , porto , Cangas , Moaña , changüí , patela , montemaior , salgadura da sardiña , quiñón , taberna , comercio , agricultura , pago da renda , traballo , Portugal | 
|---|---|
| Tipo de rexistro: | Etnográfico xeral | 
| Feito rexistrado: | Entrevista | 
| Áreas de coñecemento: | SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Artes de pesca SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Saberes sobre o mar e o peixe  | 
      
| Colección: | Santos- Villaverde SaVi | 
| Compilador: | Villaverde Román, Xosé Carlos | 
| Autor da recolla: | Villaverde Román, Xosé Carlos | 
| Informante: | Bernárdez Villaverde, Antonio José | 
| Lugar de compilación: | Moaña - O Carmen - O Carmen | 
| Data: | 24 xullo 1992 | 
| Duración do corte: | 8 min. 41 seg. | 
| Soporte orixinal: | Casete | 
| Transcritor do texto: | Villaverde Román, Xosé Carlos | 
| Referencia do arquivo principal: | MPG_SaVi_0005_001_en_0_00_00_id635.mp3 | 
| Data de depósito: | 04 Xull 2021 16:19 | 
| URI: | http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/635 | 
Notas da recolla
No verán de 1992 Xosé C. Villaverde Román realizou unha serie de entrevistas na zona de Moaña. O obxectivo era recopilar información de primeira man a través de fontes orais sobre os traballos e a vida cotiá no mar en Galicia de cara a publicación dun libro que levaría por título “O mundo do mar segundo a tradición oral”. Os traballos supuxeron todo un exercicio de memoria viva, recopilando unha valiosa información sobre saberes tradicionais do mundo do mar de man das propias persoas protagonistas. O libro nunca se chegou a publicar, non obstante as gravacións orixinais recollidas forman agora parte do APOI, que dispón de tódalas entrevistas realizadas, así como das transcricións e das análises das mesmas feitas e revisadas polos propios compiladores.       
Na sede do APOI no Museo do Pobo Galego poden escoitarse as entrevistas completas. Nós eleximos presentar na rede as editadas (revisadas e cortadas en varias partes) polo propio compilador para optimizar o traballo de busca.
Notas sobre os informantes
O informante, Antonio José Bernárdez Villaverde foi armador dun barco que se chamaba “María del Carmen”. Coñecido polo seu nome de pila e alcume: Pepe “Fanico”.
Nas notas da recolla figura a seguinte observación: "Persoa de voz xa gastada. En ocasións nótase cansancio e afonía."
Notas sobre a dixitalización
Este arquivo chegou ao APOI xa dixitalizado,editado en cortes e gravado en CD. Asemade chegaron as cintas casete orixinais de procedencia.
Notas sobre a transcrición do texto
A transcrición fíxose nos 90 e foi revisada no 2021 polo propio compilador e o persoal do APOI.
Respectouse a pronuncia da persoa e as palabras e expresións coloquiais transcribíronse tal cual foron ditas. Nalgúns casos, o compilador introduciu notas a pé para aclarar termos ou expresións, ou ben para aportar algún dato relevante sobre o que se está falando.
As partes nas que non se entende ben o que di o informante están sinaladas con: (?)
Notas xerais
O informante, Antonio José Bernárdez Villaverde, tamén fala da temática dos cobros, pagos e reparto do peixe nos seguintes rexistros: O MAR 4.2. (ID 626); O MAR 4.7. (ID 631) e O MAR 4.9. (ID 633)
| Persoal do arquivo: | Editar elemento |