Memoria Histórica de Cangas 3.2. Entrevista a Lola Rodal

Memoria Histórica de Cangas 3.2. Entrevista a Lola Rodal.

Id: 536
Coleccion: Santos- Villaverde SaVi
Ano de recolla: 1999
Concello: Cangas.
Informantes: - Rodal Blanco, Lola

[thumbnail of Entrevista] Audio (Entrevista)
MPG_SaVi_0096_000_en_0_00_00_id536.mp3 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (118MB)
[thumbnail of Documento de transcrición e análise] Texto (Documento de transcrición e análise)
MPG_SaVi_0096_000_en_0_00_00_id536.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (183kB)

Resumo / Descrición

Esta ficha recolle a segunda parte dunha entrevista realizada a Lola Rodal Blanco por unha traballadora do Centro de Documentación de Historia Local de Cangas. Lola fala da represión do goberno local de Cangas durante os primeiros días do golpe de Estado de 1936. Relata como os falaxistas da vila se levaron á súa nai (sindicalista) de noite e como escapou da morte, e tamén os anos que pasou na cárcere de mulleres de Saturrarán, Mutriku. Describe con detalle os lugares onde tivo lugar a represión en Cangas durante o alzamento militar e a Guerra Civil

Palabras chave: Cangas , represión , 1936 , Guerra Civil , cárcere , Falanxe , sindicalismo , muller , cárcere , Mutriku
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Entrevista
Áreas de coñecemento: SOCIEDADE > Vilas e cidades
Colección: Santos- Villaverde SaVi
Compilador: Santos Castroviejo, Iago
Informante: Rodal Blanco, Lola
Lugar de compilación: Cangas - Cangas
Data: 11 decembro 1999
Duración do corte: 61 min.   34 seg.
Soporte orixinal: Casete
Dixitalizador: Cerdeira, Francisco
Referencia do arquivo principal: MPG_SaVi_0096_000_en_0_00_00_id536
Data de depósito: 10 Nov 2020 12:02
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/536

Notas da recolla

Descoñecemos o nome da entrevistadora. A entrevista fíxose no marco duns traballos de documentación da historia local a través dun organismo creado a tal efecto: o Centro de Documentación Histórica Local de Cangas

Notas sobre os informantes

Lola Rodal naceu en Cangas o 3 de marzo de 1921. No contexto do golpe de Estado de 1936 e a Guerra Civil, sendo ela unha rapaza, a súa familia é presa dunha forte represión a mans do réxime franquista pola súa vinculación co sindicalismo mariñeiro e co goberno republicano de Cangas. Estes acontecementos marcarán a vida de Lola e serán o tema central das múltiples entrevistas que concedeu

Notas sobre a transcrición do texto

Non dispoñemos polo momento da transcrición desta entrevista

Notas xerais

Esta entrevista é a segunda parte dunha entrevista completa. A primeira, terceira e cuarta partes pódense atopar nos seguintes rexistros do APOI:

Memoria Histórica de Cangas 3.1. Entrevista a Lola Rodal
MPG_SaVi_0069_000_en_0_00_00_id521

Memoria Histórica de Cangas 3.3. Entrevista a Lola Rodal
MPG_SaVi_0070_000_en_0_00_00_id522

Memoria Histórica de Cangas 3.4. Entrevista a Lola Rodal
MPG_SaVi_0071_000_en_0_00_00_id523

Persoal do arquivo: Editar elemento