O MAR 32.2. EXPRESIÓNS, DITOS E REFRÁNS

O MAR 32.2. EXPRESIÓNS, DITOS E REFRÁNS.

Id: 530
Coleccion: Santos- Villaverde SaVi
Ano de recolla: 1992
Concello: Moaña.
Informantes: Parcero Chapela, Enrique Pérez, María

[thumbnail of Entrevista] Audio (Entrevista)
MPG_SaVi_0032_002B_en_0_00_35_id530.mp3 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (8MB)
[thumbnail of Documento de transcrición e análise] Texto (Documento de transcrición e análise)
MPG_SaVi_0032_002B_en_0_00_35_id530_D.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (159kB)

Resumo / Descrición

Esta ficha recolle o segundo corte dos que se divide a vixésimo primeira das 28 entrevistas realizadas a Enrique Parcero Chapela e a María Pérez por Xosé C. Villaverde Román durante o verán de 1992 na zona de Moaña.
Os informantes explican o significado de diferentes refráns relacionados co mar.

Palabras chave: mar , refrán , dito, mariñeiro , solla , sardiña , san Xoán , gaivota , climatoloxía , lúa , chuvia , vento
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Entrevista
Áreas de coñecemento: SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Saberes sobre o mar e o peixe
LITERATURA E DITOS POPULARES > Refráns, frases sentenciosas e ditos
Colección: Santos- Villaverde SaVi
Compilador: Villaverde Román, Xosé Carlos
Autor da recolla: Villaverde Román, Xosé Carlos
Informante: Parcero Chapela, Enrique e Pérez, María
Lugar de compilación: Moaña - O Carmen - Moaña
Data: 25 agosto 1992
Duración do corte: 8 min.   22 seg.
Soporte orixinal: Casete
Referencia do arquivo principal: MPG_SaVi_0032_002B_en_0_00_35_id530
Data de depósito: 18 Out 2021 11:44
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/530

Notas da recolla

No verán de 1992 Xosé C. Villaverde Román realizou unha serie de entrevistas na zona de Moaña. O obxectivo era recopilar información de primeira man a través de fontes orais sobre os traballos e a vida cotiá no mar en Galicia de cara a publicación dun libro que levaría por título “O mundo do mar segundo a tradición oral”. Os traballos supuxeron todo un exercicio de memoria viva, recopilando unha valiosa información sobre saberes tradicionais do mundo do mar de man das propias persoas protagonistas. O libro nunca se chegou a publicar, non obstante as gravacións orixinais recollidas forman agora parte do APOI, que dispón de tódalas entrevistas realizadas, así como das transcricións e das análises das mesmas feitas e revisadas polos propios compiladores.
Na sede do APOI no Museo do Pobo Galego poden escoitarse as entrevistas completas. Nós eleximos presentar na rede as editadas (revisadas e cortadas en varias partes) polo propio compilador para optimizar o traballo de busca.

Notas sobre a dixitalización

Este arquivo chegou ao APOI xa dixitalizado,editado en cortes e gravado en CD. Asemade chegaron as cintas casete orixinais de procedencia.

Notas sobre a transcrición do texto

A transcrición fíxose nos 90 e foi revisada no 2021 polo propio compilador e o persoal do APOI.
Respectouse a pronuncia da persoa e as palabras e expresións coloquiais transcribíronse tal e como foron ditas. Nalgúns casos, o compilador introduciu notas a pé ou entre parénteses () para aclarar termos ou expresións, ou ben para aportar algún dato relevante sobre o que se está falando.
As partes nas que non se entende ben o que din o e a informantes están sinaladas con: (?)
Cando intervén María Pérez na conversa está indicado con: “(María)” antes do texto.

Persoal do arquivo: Editar elemento