BARRO DE ARÉN 4. Xota da Bouzana

BARRO DE ARÉN 4. Xota da Bouzana.

Id: 512
Coleccion: Guillerme Ignacio Costa
Ano de recolla: 2005
Concello: A Estrada.
Informantes: Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas

[thumbnail of Pandeireteiras de Barro 4] Vídeo (Pandeireteiras de Barro 4)
MPG_IgGui_0001_004_en_0_09_14_id512.mp4 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (219MB)
[thumbnail of Letra] Texto (Letra)
MPG_IgGui_0001_004_en_0_09_14_id512.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (121kB)
[thumbnail of Manuela das Marianas e Ghumersinda das Dieghas no ano 2005 (foto de Guillerme Ignacio Costa)] Imaxe (Manuela das Marianas e Ghumersinda das Dieghas no ano 2005 (foto de Guillerme Ignacio Costa))
MPG_IgGui_0001_004_en_0_09_14_id512.JPG

Descargar (436kB)

Resumo / Descrición

Este é o cuarto dos dez cortes de video con repertorio das pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo-Terra de Montes, Pontevedra), gravados entre o 2005 e o 2006 en diferentes contextos.

Palabras chave: coplas baile comunal
Tipo de rexistro: Musical
Feito rexistrado: Evento
Áreas de coñecemento: LITERATURA E DITOS POPULARES > Coplas
Colección: Guillerme Ignacio Costa
Compilador: Ignacio Costa, Guillerme
Autor da recolla: Ignacio Costa, Guillerme e Torrado, Valentín e Outeiro, Xandre
Informante: Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas
Informantes / Grupo: Pandeireteiras de Barro de Arén
Lugar de compilación: A Estrada
Data: decembro 2005
Duración do corte: 2 min.   2 seg.
Soporte orixinal: Videocasete (VHS)
Dixitalizador: Ignacio Costa, Guillerme
Transcritor do texto: Ignacio Costa, Guillerme
Transcritor da música: Ignacio Costa, Guillerme
Referencia do arquivo principal: MPG_IgGui_0001_004_en_0_09_14_id512
Data de depósito: 26 Set 2019 08:01
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/512
Datos musicais Refrán
Íncipit textual: Se vas ó San Benitiño
Xénero: Xota
Instrumentación: Percusión, Voz
Instrumentos: Pandeireta, Voz feminina

Notas da recolla

Toma feita durante a gravación do CD das pandeireteiras de Barro de Arén, titulado “Cerdediño p’r’os amores” (A Estrada, Phonos, 2006).

Notas sobre os informantes

Gumersinda Castro Porto, coñecida polo seu alcume Ghumersinda das Dieghas, é unha das grandes informantes do lugar de Barro de Arén. Boa tocadora da pandeireta, cun estilo claro e un bo aplomo no tocar. Enorme coñecedora de cantighas e cantares, unha fonte enorme de saber malia a súa discreción durante as ruadas e xuntanzas que se teñen feito na aldea. Do único do que se aqueixaba era da súa voz, que chegando aos oitenta anos xa non lle respostaba como ela quería, aínda que á vista está que mantiña unha magnífica calidade dada a súa idade.
Naceu no ano 1927 e no momento da recollida contaba con 78 anos.

Notas sobre a dixitalización

Técnico de audio: Valentín Torrado
Técnico de vídeo: Xandre Outeiro

Notas sobre a música

Xota estrófica, ao xeito antigo, onde quixemos que Ghumersinda das Dieghas deixara constancia do seu bo cantar e do seu dominio da pandeireta, cun estilo exemplar do tocar en Barro de Arén. A orixe do nome que lle dan a esta xota explícase no propio Cd:
“[Esta] jota botábaa habitualmente nas Rúas de pandeireta Carme Bouzán, “A Bouzana”, veciña de Barro nacida a finais do Século XIX.” (1).

(1) Guillerme Ignacio Costa, “Cerdediño p’r’os amores” (Ed. Phonos 2006)

A peza aparece no Cd das pandeireteiras de Barro de Arén titulado “Cerdediño p’r’os amores” (Phonos, 2006). O seu contido está dispoñible na rede no enderezo https://arquivostradicionais.wordpress.com/2016/11/17/pandereteiras-de-barro-de-aren/

Persoal do arquivo: Editar elemento