O MAR ARTES DE PESCA 1.5.
Id: | 497 |
Coleccion: | Santos- Villaverde SaVi |
Ano de recolla: | 1992 |
Concello: | Moaña. |
Informantes: | - Bernárdez Villaverde, Antonio José |
Audio (Entrevista)
MPG_SaVi_0001_005_en_0_43_13_id497.mp3 - Arquivo principal Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (10MB) |
|
Texto (Documento de transcrición e análise)
MPG_SaVi_0001_005_en_0_43_13_id497_D.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (221kB) |
|
Texto (Táboa de contido minutado do total da entrevista)
MPG_SaVi_0001_005_en_0_43_13_id497_D2.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (300kB) |
Resumo / Descrición
Esta ficha recolle o quinto corte dos que se divide a primeira das 11 entrevistas realizadas a Antonio José Bernárdez Villaverde por Xosé C. Villaverde Román durante o verán de 1992 na zona de Moaña. A entrevista trata sobre a arte do corricán e os instrumentos utilizados no marisqueo
Palabras chave: | pesca , artes de pesca , corricán , marisqueo , marisco , sacho , can , angazo , salabardo , croque , longueirón |
---|---|
Tipo de rexistro: | Etnográfico xeral |
Feito rexistrado: | Entrevista |
Áreas de coñecemento: | SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Artes de pesca SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Saberes sobre o mar e o peixe |
Colección: | Santos- Villaverde SaVi |
Compilador: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
Autor da recolla: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
Informante: | Bernárdez Villaverde, Antonio José |
Lugar de compilación: | Moaña - O Carmen - O Carmen |
Data: | 21 xullo 1992 |
Duración do corte: | 10 min. 47 seg. |
Soporte orixinal: | Casete |
Transcritor do texto: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
Referencia do arquivo principal: | MPG_SaVi_0001_005_en_0_43_13_id497.mp3 |
Data de depósito: | 02 Xull 2019 15:39 |
URI: | http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/497 |
Notas da recolla
No verán de 1992 Xosé C. Villaverde Román realizou unha serie de entrevistas na zona de Moaña. O obxectivo era recopilar información de primeira man a través de fontes orais sobre os traballos e a vida cotiá no mar en Galicia de cara a publicación dun libro que levaría por título “O mundo do mar segundo a tradición oral”. Os traballos supuxeron todo un exercicio de memoria viva, recopilando unha valiosa información sobre saberes tradicionais do mundo do mar de man das propias persoas protagonistas. O libro nunca se chegou a publicar, non obstante as gravacións orixinais recollidas forman agora parte do APOI, que dispón de tódalas entrevistas realizadas, así como das transcricións e das análises das mesmas feitas e revisadas polos propios compiladores.
Na sede do APOI no Museo do Pobo Galego poden escoitarse as entrevistas completas que eleximos presentar na rede cortadas para optimizar o traballo de busca.
Notas sobre os informantes
O informante, Antonio José Bernárdez Villaverde foi coñecido polo seu nome de pila e alcume: Pepe “Fanico”.Persoa de voz xa gastada. En ocasións nótase cansancio e afonía
Notas sobre o texto
Aclaración de termos: “Seco”: Areeiro que quedaba seco coa baixamar.
Notas sobre a transcrición do texto
As partes do texto onde aparecen puntos suspensivos “...” no medio da conversas correspóndense con partes inintelixibles ou cortadas no audio e polo tanto non se poden transcribir.
As partes do texto que aparecen en cursiva entre corchetes “()” correspóndesen cos expresións xestuais da persoa informante ou con aclaracións do transcritor.
As partes do texto que aparecen en cursiva e pechadas entre corchetes “[]” correspóndense con partes da transcrición que non se escoitan no audio
Notas xerais
As gravacións foron achegadas nun principio por Iago Santos Castroviejo aínda que nun momento posterior incoporouse Xosé Carlos Villaverde Román e acordaron constituir unha colección conxunta para o APOI
Persoal do arquivo: | Editar elemento |