Muiñeira

Muiñeira.

Id: 483
Coleccion: Juan Parga
Ano de recolla: 1995
Concello: Baralla.
Informantes: López Vega, Manuel "da Carroceta" Vázquez Gerúndez, Florinda Vilares Quiroga, Maruja López Álvarez, Carmen Rivero Fernández, Magdalena Rivero Fernández, Celsa Vila Méndez, Cristina Paradela, Manuel

[thumbnail of MPG_PaJu_0020_010_en_0_14_20_id483.mp4]
Vista previa
Vídeo
MPG_PaJu_0020_010_en_0_14_20_id483.mp4 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (11MB) | Vista previa
Tipo de rexistro: Musical
Feito rexistrado: Evento
Áreas de coñecemento: FESTAS
DANZAS
Colección: Juan Parga
Compilador: Parga, Juan e Vila, Cristina
Informante: López Vega, Manuel "da Carroceta" e Vázquez Gerúndez, Florinda e Vilares Quiroga, Maruja e López Álvarez, Carmen e Rivero Fernández, Magdalena e Rivero Fernández, Celsa e Vila Méndez, Cristina e Paradela, Manuel
Lugar de compilación: Baralla - Baralla - Baralla
Data: novembro 1995
Duración do corte: 1 min.   35 seg.
Data de dixitalización: 2004
Dixitalizador: Parga, Juan
Referencia do arquivo principal: MPG_PaJu_0020_010_en_0_14_20_id483
Data de depósito: 14 Maio 2018 09:20
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/483
Datos musicais Refrán
Xénero: Muiñeira
Instrumentación: Instrumento, Percusión
Instrumentos: Bombo, Gaita, Tamboril
Ámbito: VII-8
Escala: VII 1 2 3 4 5 6 7 8
Íncipit melódico: 5 6 7 8 7 8 7 6 5 6 5
Compás: 6/8
Modo de interpretación: Tempo giusto

Notas da recolla

Entre 1994 e 1996 impartín clases de gaita en Baralla. Preguntei por gaiteiros do lugar, e faláronme de Manuel [López Vega, Manuel “da Carroceta”]. As primeiras gravacións de Manuel foron só de audio. Ao principio era difícil conseguir que tocase algunha peza, pero finalmente foi accedendo. Despois pregunteille se coñecía alguén que bailase, e entón el encargouse de reunir a xente para a recolla. Reuníranse nunha ocasión (da que non teño gravación, pois ese día non puidera ir), e pouco despois pasara por alí Mercedes Peón e propúxolles que fosen bailar e tocar ao Luar. As seguintes recollas de vídeo que realicei con eles foron os ensaios para preparar a actuación do Luar; en especial ensaiaban unha muiñeira e unha jota. Hai dúas gravacións en casa de Manuel [este corte pertence á primeira] e outra no polideportivo do colexio de Baralla, que nos cederon ese día para ensaiar. (Nota do compilador)

Manuel deixou a súa gaita en do e pediulle ao compilador tocar coa gaita del, en re.

Notas sobre os informantes

Tocan: Manuel López Vega (Manuel "da Carroceta"); Manuel Paradela (tambor, alumno de Juan Parga --compilador--).
Bailan: Florinda Vázquez Gerúndez (con chaqueta); Carmen López Álvarez (con camisa branca, or. de Camporredondo); Maruja Vilares Quiroga (con chaleco); Magdalena Rivero Fernández (con camiseta rosa de manga curta); Celsa Rivero Fernández (con lentes e chaqueta azul); Cristina Vila Méndez (compiladora; con pantalóns e chaqueta gris).

Notas sobre a transcrición da música

Melodía xa rexistrada por este mesmo informante. A transcrición pódese consultar no número ID#227.

Notas xerais

Foi necesario comprimir os arquivos de vídeo para a súa difusión na Rede. As versións orixinais, de maior calidade, pódense consultar nas dependencias do museo.

Persoal do arquivo: Editar elemento