Batalla de Retorta. Mouros e cristiáns.

Batalla de Retorta. Mouros e cristiáns.

Id: 414
Coleccion: Xosé Manuel González Reboredo
Ano de recolla: 2011
Concello: Laza.
Informantes: - González Rivero, María - Araujo, Xosé

[thumbnail of Batalla de Retorta]
Vista previa
Vídeo (Batalla de Retorta)
MPG_ReXM_00025_001_en_0_00_01_id414.mp4 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (128MB) | Vista previa
[thumbnail of Ficha de transcrición, contexto etnográfico e colección de fotografías]
Vista previa
Texto (Ficha de transcrición, contexto etnográfico e colección de fotografías)
MPG_ReXM_0025_001_en_0_00_01_id414_D.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (4MB) | Vista previa
[thumbnail of Capitán mouro e cristián en pleno enfrontamento verbal. Foto: Luis Baños. Visual Q]
Vista previa
Imaxe (Capitán mouro e cristián en pleno enfrontamento verbal. Foto: Luis Baños. Visual Q)
MPG_ReXM_0025_001_en_0_00_01_id414_i01.jpg - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (1MB) | Vista previa
[thumbnail of Detalle dos mouros vencidos. Foto: Luis Baños. Visual Q]
Vista previa
Imaxe (Detalle dos mouros vencidos. Foto: Luis Baños. Visual Q)
MPG_ReXM_0025_001_en_0_00_01_id414_i02.jpg - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (1MB) | Vista previa
[thumbnail of Mouros, cristiáns e público asistindo a misa. Foto: Luis Baños. Visual Q]
Vista previa
Imaxe (Mouros, cristiáns e público asistindo a misa. Foto: Luis Baños. Visual Q)
MPG_ReXM_0025_001_en_0_00_01_id414_i03.jpg - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (2MB) | Vista previa

Resumo / Descrición

Segundo datos dados a coñecer por Xesús Taboada Chivite, e referidos aos anos cincuenta do século XX, a representación de mouros e cristiáns tiña lugar aquí o 13 de xuño, durante a procesión de Santo Antonio de Padua, un santo con forte devoción local. Esta procesión saía da igrexa parroquial, situada entre Retorta e Arcucelos. Ao saír o capitán cristián pronunciaba a arenga e tomaba xuramento aos seus homes, marchando logo a tropa cristiá á fronte da comitiva ata chegar a unha ponte sobre un pequeño regato que desemboca no río Támega, xa case na entrada do lugar de Arcucelos. Alí o centinela mouro daban o alto e, a seguir, tiña lugar un acalorado debate entre os capitáns mouro e cristián pola posesión da imaxe, debate que remataba con loita e vitoria cristiá, convertíndose os mouros ao cristianismo. Logo a procesión iniciaba o retorno á parroquial cos mouros e cristiáns xuntos, celebrándose a seguir unha misa á que asistían todos

Palabras chave: mouros cristiáns loita procesión
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Evento
Áreas de coñecemento: FESTAS > Festas patronais, de devoción local e sectoriais
LITERATURA E DITOS POPULARES > Teatro
Colección: Xosé Manuel González Reboredo
Compilador: González Reboredo, Xosé Manuel
Autor da recolla: González Reboredo, Xosé Manuel e Baños, Luis
Informante: González Rivero, María e Araujo, Xosé
Lugar de compilación: Laza - Santa Mariña de Retorta - Retorta
Data: 17 xullo 2011
Duración do corte: 14 min.   7 seg.
Soporte orixinal: Outros
Data de dixitalización: 2011
Data da transcrición do texto: 2011
Transcritor do texto: González Reboredo, Xosé Manuel
Referencia do arquivo principal: MPG_ReXM_0025_001_en_0_00_01_id414
Data de depósito: 04 Maio 2016 16:53
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/414

Notas da recolla

En xullo de 2010 X. M. González Reboredo reuniu información e materiais diversos en Retorta. Con posterioridade recolléronse novos datos e materiais audiovisuais na mesma Retorta o domingo 17 de xullo de 2011, data de celebración da festa de Santo Antón e Sta. Mariña, e tamén da representación da Batalla entre mouros e cristiáns

Notas sobre os informantes

María González Rivero, funcionaria do concello de Laza e natural de Retorta. Xosé Araújo, natural de Retorta que emigrou a Alemaña e posteriormente se estableceu en Madrid. Fai o papel de capitán dos cristianos. Serxio, veciño de Retorta. Diversos participantes na celebración.

Notas sobre a dixitalización

Vídeo dixital gravado en orixe

Notas sobre a transcrición do texto

Do texto que se usa para a representación de Retorta temos na actualidade tres versións. A máis antiga foi publicada por D. Xesús Taboada Chivite en 1955; a segunda apareceu publicada no ano 2010 nun folleto-revista, patrocinado polo Concello de Laza e outras institucións, co título de Presieger España 2010; por último, a terceira é froito da gravación feita por Xosé Manuel González Reboredo o 17-VII-2011. Pódese decir que nas tres versións o texto base é o mesmo, pero entre a primeira e a segunda hai variantes froito de correcións, supresións ou engadidos con respecto á versión antiga. Tamén hai diferenzas entre a segunda e a terceira, pero neste caso son pequenas e, ademais, non se pudieron reflectir todas a causa de problemas ambientais da gravación, que impediron unha total percepción do dito polos actores. Para presentar os textos escolleuse como principal o recollido por Taboada Chivite, facendo constar a ambos lados deste as variantes de 2010 e 2011. De todas as maneiras as variacións de 2011 hai que entendelas en relación tanto co texto antigo como co texto de 2010.

Notas xerais

Foi necesario comprimir os arquivos de vídeo para a súa difusión na Rede. As versións orixinais, de alta calidade, pódense consultar nas dependencias do museo.

Persoal do arquivo: Editar elemento