FELICIA DE FOFE 5. Pasodobre.
Id: | 3658 |
Coleccion: | Guillerme Ignacio Costa |
Ano de recolla: | 2013 |
Concello: | Vilaboa. |
Informantes: | - Insuela Castro, Felicidad "Felicia de Fofe" |
![]() |
Vídeo (FELICIA DE FOFE 5.Pasodobre)
MPG_IgGui_0002_005_en_0_00_01_id3658.mp4 - Arquivo principal Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (276MB) |
![]() |
Texto (Letra)
MPG_IgGui_0002_005_en_0_00_01_id3658_L.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (118kB) |
Resumo / Descrición
Pasodobre tocado coa cabaza con dedís. Vídeo nº 5 dos 13 recollidos a Felicia de Fofe. Levan números de identificación id correlativos neste arquivo: do 3654 ata o 3666.
Palabras chave: | Pasodobre, cabaza, dedís,cuncha |
---|---|
Tipo de rexistro: | Musical |
Feito rexistrado: | Evento |
Colección: | Guillerme Ignacio Costa |
Compilador: | Ignacio Costa, Guillerme |
Autor da recolla: | Ignacio Costa, Guillerme |
Informante: | Insuela Castro, Felicidad "Felicia de Fofe" |
Lugar de compilación: | Vilaboa - Vilaboa (San Martiño) - Paredes |
Data: | 18 xuño 2013 |
Duración do corte: | 1 min. 9 seg. |
Soporte orixinal: | Outros |
Transcritor do texto: | Ignacio Costa, Guillerme |
Referencia do arquivo principal: | MPG_IgGui_0002_005_en_0_00_01_id3658.mp4 |
Data de depósito: | 12 Mar 2025 14:04 |
URI: | http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/3658 |
Datos musicais | Refrán | |
---|---|---|
Íncipit textual: | Por la callita abajo | |
Xénero: | Pasodobre | |
Instrumentación: | Percusión, Voz | |
Instrumentos: | Voz feminina |
Notas da recolla
A recolla completa consta de trece vídeos gravados na casa de Felicia en Paredes (Vilaboa-PO), en abril e xuño de 2013. A persoa que propicia a recolla é Benxamín Agulla, fillo de Felicia. A Guillerme Ignacio acompáñao María Menduíña.
Notas sobre os informantes
Felicidad Insuela Castro, nace no ano 1929 no lugar de Fofe, Concello do Covelo, onde o río Tea cruza o Suído, e críase no seo dunha familia humilde. Casa con Antonio Agulla e ao pouco tempo deixa Fofe. Para gañar a vida a familia emigra primeiro a León, onde Antonio traballa na mina, e máis tarde a Alemaña. Ao volveren da emigración establécense na terra de Antonio, Paredes, no Concello de Vilaboa, e alí pasan boa parte das súas vidas. A vida de Felicia non é doada, e ademais da dureza da propia emigración, o matrimonio sofre sucesivas desgrazas, quedando sen dez dos seus trece fillos/as. Ao longo da súa vida, Felicia axúdase do canto, da festa e do bo humor para sobrelevar as penas da vida xa que como dicía ela, “quero rir mellor ca chorar”.
Nos anos noventa diferentes compilador@s aparecen por Fofe, e no 1997 Mercedes Peón leva ás veciñas da parroquia a tocar, cantar e beillar ao programa Luar da TVG, onde Felicia xa destaca botando un desafío con outra veciña. No 2010 o Alalá adícalle un capítulo a Felicia e dende aquelas aínda se fai máis coñecida, compaxinando a atención que nos brinda ás compiladoras coas foliadas e seráns, coas charlas ás que é convidada e coas súas intervencións no programa Luar, que se fan recorrentes ata o propio xaneiro do 2016, ano en que perdemos a Felicia.
Ademais dos contos e recitados, Felicia deixounos romances e parrafeos, cantares do ciclo da vida coma arrolos; do ciclo do ano coma os Reis ou as labradas, e moitos cantares e cantigas do baile comunal, o serán.
Felicia foi unha artista popular con todas as letras, mais temos que ter conta de que esa faceta súa, esa entrega ao seu público foliadeiro, non oculte o enorme papel que tivo como transmisora dese patrimonio que é a tradición oral de Fofe.
Notas sobre a dixitalización
O rexistro de vídeo realizouse cunha cámara dixital CANON e o de audio cun gravador dixital ZOOM. En agosto de 2023 o material foi editado con imovie.
Notas sobre a música
"A cabaza tocada con dedís é un instrumento singular. Felicia aprendeu a tocala da súa avoa, na lareira ao pé do lume.
Trátase dunha cabaza seca das que se empregaban para levar viño ou outros líquidos, de feito é un dos símbolos do camiño de Santiago porque se amarraban nas varas dos peregrinos.
O máis curioso da cabaza de Felicia é que lle tiña prendida unha cuncha de vieira furada con dous arames, e así ou ben golpeaba o cu da cabaza, ou ben rascaba na cuncha cos dedís metálicos. Deste xeito Felicia sacáballe un bo son á súa cabaza, e interpretaba coma con calquera outro instrumento, empregando os motivos rítmicos propios da zona e improvisando petos, repenicos e saltos como mellor lle fora."
Notas xerais
Algún material destas recollas foi emitido no Recuncho da Palleta do programa Lume na Palleira da Radio Galega Música adicado por Guillerme Ignacio a Felicia de Fofe, emitido o 31 de xaneiro de 2021: https://hearthis.at/guillerme-inacio-costa/20210131-rdp-felicia-de-fofe/
Persoal do arquivo: | Editar elemento |