Entrevista a Manuel González (2).
Id: | 3624 |
Coleccion: | Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARI) |
Ano de recolla: | 2024 |
Concello: | Noia. |
Informantes: | - González Videla, Manuel "Manolo de Roque" |
![]() |
Vídeo (Entrevista a Manuel González 2)
MPG_CaRi_0013_B_id3624.mp4 - Arquivo principal Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (385MB) |
![]() |
Texto (Ficha de transcrición e contexto)
MPG_CaRi_0013_B_id3624_D.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (201kB) |
![]() |
Texto (Ficha de ferramentas)
MPG_CaRi_0013_B_id3624_D2.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (1MB) |
![]() |
Texto (Ficha de fotografías antigas)
MPG_CaRi_0013_B_id3624_D3.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (253kB) |
Resumo / Descrición
Vídeo editado das entrevistas realizadas a mestres carpinteiros de ribeira para o Proxecto de Rexistro e salvagarda do conxunto dos saberes patrimoniais arredor da carpintaría de ribeira (SI-2024-0261.INT) da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, adxudicado á Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARI).
A gravación completa (0:37:08) pode consultarse, de xeito presencial, no Museo do Pobo Galego así como a copia deste vídeo editado en maior resolución.
Palabras chave: | carpintería de ribeira embarcacións tradicionais |
---|---|
Tipo de rexistro: | Etnográfico xeral |
Feito rexistrado: | Entrevista |
Áreas de coñecemento: | SABERES RELACIONADOS COS OFICIOS > Oficios da madeira SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Embarcacións SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Carpintería de ribeira |
Colección: | Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARI) |
Compilador: | Asociación Galega de Carpintería de Ribeira, AGALCARI |
Autor da recolla: | Vigo Rodríguez, Isabel |
Informante: | González Videla, Manuel "Manolo de Roque" |
Lugar de compilación: | Noia - Noia (San Martiño) - A Ponte de Traba |
Data: | 15 novembro 2024 |
Duración do corte: | 12 min. 22 seg. |
Soporte orixinal: | Outros |
Data da transcrición do texto: | novembro 2024 |
Transcritor do texto: | Vigo Rodríguez, Isabel |
Referencia do arquivo principal: | MPG_CaRi_0013_B_id3624.mp4 |
Data de depósito: | 17 Xull 2025 09:17 |
URI: | http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/3624 |
Notas sobre os informantes
Manuel naceu o 25/04/1947, tiña 77 anos no momento da recolla. Comezou a traballar antes dos 13 anos e sempre se dedicou á carpintería de ribeira. Durante a súa vida laboral traballou nos estaleiros de Hermida en Noia e no de Lago Abeijón no Freixo, Outes. Tras un accidente laboral, aceptou a incapacidade con 51 anos. Cando a lesión llo permitiu, dedicouse como afeccionado á construción de maquetas de embarcacións tradicionais e de todo tipo, labor coa que continúa na actualidade e que lle proporciona grande satisfacción persoal.
Notas sobre o texto
A entrevista gravouse no domicilio do informante, concretamente no taller no que Manuel traballa a diario realizando maquetas de embarcacións. Durante a gravación utilizáronse dúas cámaras de xeito simultáneo.
Notas sobre a transcrición do texto
Optouse por unha transcrición estandarizada sen ter en conta a pronuncia das variantes dialectais (gheada, seseo, rotacismo...). Doutra banda, mantivéronse os castelanismos por afastarse a forma estándar do rexistro oral.
Notas xerais
ENTREVISTA REALIZADA POR: Isabel Vigo Rodríguez (APOI - Museo do Pobo Galego)
GRAVACIÓN REALIZADA POR: Fernando Portela (IMACO)
EQUIPO DE GRAVACIÓN: Sony FX6 e Sony A7SIII
ASISTEN Á GRAVACIÓN: Ramón Collazo e Lita Places (AGALCARI).
Persoal do arquivo: | Editar elemento |