Entrevista a Manuel Amado (2)

Entrevista a Manuel Amado (2).

Id: 3623
Coleccion: Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARI)
Ano de recolla: 2024
Concello: Outes.
Informantes: - Amado Castiñeiras, Manuel David

[thumbnail of Entrevista a Manuel Amado 2] Vídeo (Entrevista a Manuel Amado 2)
MPG_CaRi_0012_B_id3623.mp4 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (353MB)
[thumbnail of Ficha de contexto e transcrición] Texto (Ficha de contexto e transcrición)
MPG_CaRi_0012_B_id3623_D.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (197kB)

Resumo / Descrición

Vídeo editado das entrevistas realizadas a mestres carpinteiros de ribeira para o Proxecto de Rexistro e salvagarda do conxunto dos saberes patrimoniais arredor da carpintaría de ribeira (SI-2024-0261.INT) da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, adxudicado á Asociación Galego de Carpintería de Ribeira (AGALCARI).

A gravación completa (0:50:53) pode consultarse, de xeito presencial, no Museo do Pobo Galego así como a copia deste vídeo editado en maior resolución.

Palabras chave: carpintería de ribeira embarcacións tradicionais
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Entrevista
Áreas de coñecemento: SABERES RELACIONADOS COS OFICIOS > Oficios da madeira
SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Embarcacións
SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Carpintería de ribeira
Colección: Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARI)
Compilador: Asociación Galega de Carpintería de Ribeira, AGALCARI
Autor da recolla: Vigo Rodríguez, Isabel
Informante: Amado Castiñeiras, Manuel David
Lugar de compilación: Outes - O Freixo de Sabardes (San Xoán) - Mosteiro
Data: 14 novembro 2024
Duración do corte: 11 min.   18 seg.
Soporte orixinal: Outros
Data da transcrición do texto: novembro 2024
Transcritor do texto: Vigo Rodríguez, Isabel
Referencia do arquivo principal: MPG_CaRi_0012_B_id3623.mp4
Data de depósito: 17 Xull 2025 09:16
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/3623

Notas da recolla

A entrevista gravouse en horario de mañá nun espazo interior, nas oficinas de Astilleros Amado. Poden escoitarse sons relativos ao ambiente de traballo. Durante a gravación utilizáronse dúas cámaras de xeito simultáneo.

Notas sobre os informantes

Manuel naceu o 30/12/1946, tiña 77 anos no momento da recollida. O informante continúa (no ano 2024) acudindo diariamente ao estaleiro da súa propiedade no Freixo que agora se dedica á construción de embarcacións de fibra de vidro. Este lugar de traballo foi fundado polo seu pai, Domingo Amado López, cara o ano 1970. O seu avó, Domingo Amado Froján, tivera tamén un estaleiro na enseada de Broña. É dicir, Manuel comezou no oficio seguindo a saga familiar de mestres carpinteiros de ribeira.

Notas sobre a transcrición do texto

Optouse por unha transcrición estandarizada sen ter en conta a pronuncia das variantes dialectais (gheada, seseo, rotacismo...). Doutra banda, mantivéronse os castelanismos por afastarse a forma estándar do rexistro oral.

Notas xerais

ENTREVISTA REALIZADA POR: Isabel Vigo Rodríguez (APOI - Museo do Pobo Galego)
GRAVACIÓN REALIZADA POR: Fernando Portela (IMACO)
EQUIPO DE GRAVACIÓN: Sony FX6 e Sony A7SIII
ASISTEN Á GRAVACIÓN: Gerardo Triñanes e Lita Places (AGALCARI)

Persoal do arquivo: Editar elemento