Emigrantes de Carnota en Nova York. Entrevista 2.
Id: | 603 |
Coleccion: | Manuel Vilar Álvarez |
Ano de recolla: | 2011 |
Concello: | |
Informantes: | - Alvela, José - ., Lola "de Caxón" |
Audio (Entrevista)
MPG_ViMa_0001_001B_en_0_00_01_id603.mp3 - Arquivo principal Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (104MB) |
|
Texto (Ficha completa. Contexto etnográfico e transcrición)
MPG_ViMa_0001_001B_en_0_00_01_id603_D.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (750kB) |
|
Imaxe (Casa Galicia-Unity Gallega of de US Inc. Foto de Manuel Vilar Álvarez)
MPG_ViMa_0001_001B_en_0_00_01_id603_i01.JPG - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (682kB) |
|
Imaxe (Sociedad Española de Socorros Mutuos ou Centro Español-Spanish Benevolent Society. Foto de Manuel Vilar Álvarez)
MPG_ViMa_0001_001B_en_0_00_01_id603_i02.JPG - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (988kB) |
Resumo / Descrición
A entrevista foi realizada, xunto con outras, dentro dun traballo de campo sobre a emigración galega á Nova York.
Este movemento migratorio é algo moi presente en varias zonas de Galicia, como na franxa de costa que vai desde a poboación do Ézaro até Ribeira. Ademais, comprobamos que é unha emigración histórica, cando menos desde finais do s. XIX, e que varias xeracións dunha mesma familia emigraron á “Gran Mazá” e cidades da súa órbita sucesivamente.
Palabras chave: | emigración , América , familia , traballo do mar , Carnota , regueifa , escola , dereitos sociais , seguro de traballo , Santiago Apóstol , foliada, sardiñada , ocio, procesión , restaurante , traballo da muller , factoría téxtil , sindicato , pesca , marisqueo |
---|---|
Tipo de rexistro: | Etnográfico xeral |
Feito rexistrado: | Entrevista |
Áreas de coñecemento: | SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Marisqueo SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Navegación e transporte marítimo SOCIEDADE > A familia, casa e a herdanza SOCIEDADE > Aldea e parroquia SOCIEDADE > Emigración SOCIEDADE > Vilas e cidades FESTAS > Festas patronais, de devoción local e sectoriais |
Colección: | Manuel Vilar Álvarez |
Compilador: | Vilar Álvarez, Manuel |
Autor da recolla: | Vilar Álvarez, Manuel |
Informante: | Alvela, José e ., Lola "de Caxón" |
Data: | 14 xuño 2011 |
Duración do corte: | 54 min. 12 seg. |
Soporte orixinal: | Casete |
Data de dixitalización: | 2020 |
Dixitalizador: | Cerdeira, Francisco |
Transcritor do texto: | Vilar Álvarez, Manuel |
Referencia do arquivo principal: | MPG_ViMa_0001_001B_en_0_00_01_id603.mp3 |
Data de depósito: | 05 Ago 2021 10:37 |
URI: | http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/603 |
Notas da recolla
Martes 28 de marzo de 2006. Vou á súa casa na rúa 26, entre a avenida 20 e a 21, na zona de Ditmars (Astoria, Queens). A rúa 20 está cortada por un gran colexio católico, o St. John´s; a avenida 20 xa marca o final do barrio e limita coa planta eléctrica de Con Edison.
Os dous está xa xubilados e chegaron aquí en 1971. Na súa casa viviron os pais de outra muller de Carnota. Agora vive a irmá desta e pronto se vai cambiar o fillo, que vive enfrente, pois vendeu a casa. Na casa do fillo vive tamén outro carnotán, e tres casas ao lado da de Lola outro máis, que ten unha pequena empresa de construción.
Falan os dous, aínda que máis das veces é el o que leva a voz e tamén está sentado máis cerca de min. Ela levántase a atender o teléfono e a facer café. Estamos na sala e a televisión está encendida nun canal hispano. Despois imos para a cociña tomar café e, antes de marchar, ensínanme a casa: “o basement”, onde vivían antes e que acaban de arreglar, e o “yard”, onde antes sementaban algo pero agora xa non porque “as ardillas acababan con todo. Agora vai vir o fillo e poñerémoslle cemento”.
Notas sobre os informantes
Idade no momento da recolla: máis de 70
Lugar de nacemento: San Mamede (José) e O Vilar (Lola). Carnota, A Coruña
Ocupación: Xubilados. Tiveron diversos traballos
Lugar de residencia: Queens. Nova York. USA
Ano de emigración: 1971
Notas sobre a transcrición do texto
A transcrición foi realizada polo propio compilador Manuel Vilar Álvarez e revisada por el mesmo e o persoal do APOI no ano 2021.
Á hora de transcribir respectouse a pronuncia das informantes e as palabras e expresións coloquiais transcribíronse como foron ditas. Destaca a grande cantidade de anglicismos galeguizados que se empregan, os cales aparecen destacados en cursiva.
Os fragmentos que aparecen no texto entre corchetes [] son intervencións do entrevistador na conversa e os fragmentos entre parénteses () son notas aclaratorias introducidas polo mesmo. O signo (*) indica que a palabra/expresión non se puido transcribir por non escoitarse ben.
Coa finalidade de difrenciar aos informantes, cando fala Lola de Caxón o texto vai subliñado.
Notas xerais
Na entrevista, ademais da temática da emigración, os informantes tamén falan de aspectos da súa vida previa a emigrar. Destacan as referencias ao traballo de José Alvela na marina mercante e na pesca, ou as relacionadas co tempo de lecer, como cando se regueifaba
Persoal do arquivo: | Editar elemento |