O MAR 32.2. EXPRESIÓNS, DITOS E REFRÁNS.
Id: | 530 |
Coleccion: | Santos- Villaverde SaVi |
Ano de recolla: | 1992 |
Concello: | Moaña. |
Informantes: | - Parcero Chapela, Enrique - Pérez, María |
Audio (Entrevista)
MPG_SaVi_0032_002B_en_0_00_35_id530.mp3 - Arquivo principal Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (8MB) |
|
Texto (Documento de transcrición e análise)
MPG_SaVi_0032_002B_en_0_00_35_id530_D.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (159kB) |
Resumo / Descrición
Esta ficha recolle o segundo corte dos que se divide a vixésimo primeira das 28 entrevistas realizadas a Enrique Parcero Chapela e a María Pérez por Xosé C. Villaverde Román durante o verán de 1992 na zona de Moaña.
Os informantes explican o significado de diferentes refráns relacionados co mar.
Palabras chave: | mar , refrán , dito, mariñeiro , solla , sardiña , san Xoán , gaivota , climatoloxía , lúa , chuvia , vento |
---|---|
Tipo de rexistro: | Etnográfico xeral |
Feito rexistrado: | Entrevista |
Áreas de coñecemento: | SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Saberes sobre o mar e o peixe LITERATURA E DITOS POPULARES > Refráns, frases sentenciosas e ditos |
Colección: | Santos- Villaverde SaVi |
Compilador: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
Autor da recolla: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
Informante: | Parcero Chapela, Enrique e Pérez, María |
Lugar de compilación: | Moaña - O Carmen - Moaña |
Data: | 25 agosto 1992 |
Duración do corte: | 8 min. 22 seg. |
Soporte orixinal: | Casete |
Referencia do arquivo principal: | MPG_SaVi_0032_002B_en_0_00_35_id530 |
Data de depósito: | 18 Out 2021 11:44 |
URI: | http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/530 |
Notas da recolla
No verán de 1992 Xosé C. Villaverde Román realizou unha serie de entrevistas na zona de Moaña. O obxectivo era recopilar información de primeira man a través de fontes orais sobre os traballos e a vida cotiá no mar en Galicia de cara a publicación dun libro que levaría por título “O mundo do mar segundo a tradición oral”. Os traballos supuxeron todo un exercicio de memoria viva, recopilando unha valiosa información sobre saberes tradicionais do mundo do mar de man das propias persoas protagonistas. O libro nunca se chegou a publicar, non obstante as gravacións orixinais recollidas forman agora parte do APOI, que dispón de tódalas entrevistas realizadas, así como das transcricións e das análises das mesmas feitas e revisadas polos propios compiladores.
Na sede do APOI no Museo do Pobo Galego poden escoitarse as entrevistas completas. Nós eleximos presentar na rede as editadas (revisadas e cortadas en varias partes) polo propio compilador para optimizar o traballo de busca.
Notas sobre a dixitalización
Este arquivo chegou ao APOI xa dixitalizado,editado en cortes e gravado en CD. Asemade chegaron as cintas casete orixinais de procedencia.
Notas sobre a transcrición do texto
A transcrición fíxose nos 90 e foi revisada no 2021 polo propio compilador e o persoal do APOI.
Respectouse a pronuncia da persoa e as palabras e expresións coloquiais transcribíronse tal e como foron ditas. Nalgúns casos, o compilador introduciu notas a pé ou entre parénteses () para aclarar termos ou expresións, ou ben para aportar algún dato relevante sobre o que se está falando.
As partes nas que non se entende ben o que din o e a informantes están sinaladas con: (?)
Cando intervén María Pérez na conversa está indicado con: “(María)” antes do texto.
Persoal do arquivo: | Editar elemento |