BARRO DE ARÉN 3. Ronda, Teño unha morena

BARRO DE ARÉN 3. Ronda, Teño unha morena.

Id: 511
Coleccion: Guillerme Ignacio Costa
Ano de recolla: 2005
Concello: A Estrada.
Informantes: Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas Castro Porto, Rosa, Rosa das Dieghas López Álvarez, Alsira, Alsira dos Carballeiros Martínez López, Felicitas, Feli da Helena Martínez López, María, María da Helena Ruzo Sueiro, Clara, Clara dos Ruzos

[thumbnail of Pandeireteiras de Barro 3] Vídeo (Pandeireteiras de Barro 3)
MPG_IgGui_0001_003_en_0_06_15_id511.mp4 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (306MB)
[thumbnail of Letra] Texto (Letra)
MPG_IgGui_0001_003_en_0_06_15_id511.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (131kB)

Resumo / Descrición

Este é o terceiro dos dez cortes de video con repertorio das pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo-Terra de Montes, Pontevedra), gravados entre o 2005 e o 2006 en diferentes contextos.

Palabras chave: coplas baile comunal
Tipo de rexistro: Musical
Feito rexistrado: Evento
Áreas de coñecemento: LITERATURA E DITOS POPULARES > Coplas
Colección: Guillerme Ignacio Costa
Compilador: Ignacio Costa, Guillerme
Autor da recolla: Ignacio Costa, Guillerme e Torrado, Valentín
Informante: Castro Porto, Gumersinda, Ghumersinda das Dieghas e Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas e Castro Porto, Rosa, Rosa das Dieghas e López Álvarez, Alsira, Alsira dos Carballeiros e Martínez López, Felicitas, Feli da Helena e Martínez López, María, María da Helena e Ruzo Sueiro, Clara, Clara dos Ruzos
Informantes / Grupo: Pandeireteiras de Barro de Arén
Lugar de compilación: A Estrada
Data: decembro 2005
Soporte orixinal: Videocasete (VHS)
Dixitalizador: Ignacio Costa, Guillerme
Transcritor do texto: Ignacio Costa, Guillerme
Transcritor da música: Ignacio Costa, Guillerme
Referencia do arquivo principal: MPG_IgGui_0001_003_en_0_06_15_id511
Data de depósito: 26 Set 2019 07:53
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/511
Datos musicais Refrán
Íncipit textual: Estreliña do luceiro Teño unha morena
Instrumentación: Voz
Instrumentos: Voces femininas

Notas da recolla

Toma feita durante a gravación do CD das pandeireteiras de Barro de Arén, titulado “Cerdediño p’r’os amores” (A Estrada, Phonos, 2006).

Notas sobre os informantes

Esta é a listaxe cos nomes e apelidos das pandeireteiras de Barro de Arén, cos seus alcumes e ano de nacemento:
-Gumersinda Castro Porto, Ghumersinda das Dieghas. Barro 1927.
-Manuela Cortizo Medal, Manuela das Marianas. Cerdedo 1930 - 2018.
-Rosa Castro Porto, Rosa das Dieghas. Barro 1934.
-Alsira López Álvarez Alsira dos Carballeiros. Barro 1926 - 2018.
-Felicitas Martínez López, Feli da Helena. Barro 1932.
-María Martínez López, María da Helena. Barro 1939.
-Clara Ruzo Sueiro, Clara dos Ruzos. Meilide 1935.

Notas sobre a dixitalización

Técnico de vídeo: Valentín Torrado

Notas sobre a música

“Nos descansos ou ao voltar das labores no campo, as mulleres de Barro xuntábanse e cantaban rondas coma esta, xeralmente jotas ou valses que espían dese celme rítmico de baile para poderse recrear nas súas fermosas melodías. Unha boa maneira de apousar o espírito logo do duro traballo, e tamén de facerse sentir na contorna” (1).

(1) Guillerme Ignacio Costa, “Cerdediño p’r’os amores” (Ed. Phonos 2006)

Notas xerais

As informantes non refiren a orixe desta melodía concreta. Aprendérona das súas predecesoras, polo que o coñecen “dende sempre”.
Aparece, cunha copla menos, no Cd das pandeireteiras de Barro de Arén titulado “Cerdediño p’r’os amores” (Phonos, 2006). O seu contido está dispoñible na rede no enderezo https://arquivostradicionais.wordpress.com/2016/11/17/pandereteiras-de-barro-de-aren/
Os “Diplomáticos do acordeón” de Forcarei teñen unha versión gravada, co título “Fun ao viño”.

Persoal do arquivo: Editar elemento