O MAR 12.2. ARTES DE PESCA

Santos- Villaverde SaVi (1992) (Moaña). O MAR 12.2. ARTES DE PESCA. [Parcero Chapela, Enrique] [Pérez, María]

[thumbnail of Entrevista] Audio (Entrevista)
MPG_SaVi_0012_002B_en_0_04_43_id666.mp3 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (25MB)
[thumbnail of Documento de transcrición e análise] Texto (Documento de transcrición e análise)
MPG_SaVi_0012_002B_en_0_04_43_id666.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (180kB)

Resumo / Descrición

Esta ficha recolle o segundo corte dos que se divide a primeira das 26 entrevistas realizadas a Enrique Parcero Chapela e a María Pérez por Xosé C. Villaverde Román durante o verán de 1992 na zona de Moaña.

O informante Enrique Parcero explica como se pescaba coas artes da xávega e do caldeo, e como se organizaba o traballo nas embarcacións e cando chegaba o peixe a terra. A súa muller, María Pérez, participa na conversa.

Palabras chave: mar , mariñeiro , Moaña , arte de pesca , xávega , aparello , boliche , arrastre , refrán , salabardo , quiñón , patela , embarcación , chalana , traiñeira , falucho , traballo da muller , peixeira , venda de peixe , Cangas , armador , patrón , caldeo
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Entrevista
Áreas de coñecemento: SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Embarcacións
SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Artes de pesca
SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Saberes sobre o mar e o peixe
Colección: Santos- Villaverde SaVi
Compilador: Villaverde Román, Xosé Carlos
Autor da recolla: Villaverde Román, Xosé Carlos
Informante: Parcero Chapela, Enrique y Pérez, María
Lugar de compilación: Moaña - O Carmen - O Carmen
Data: 6 agosto 1992
Duración do corte: 26 min.   23 seg.
Soporte orixinal: Casete
Transcritor do texto: Villaverde Román, Xosé Carlos
Referencia do arquivo principal: MPG_SaVi_0012_002B_en_0_04_43_id666.mp3
Data de depósito: 02 Ago 2021 10:08
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/666

Notas da recolla

No verán de 1992 Xosé C. Villaverde Román realizou unha serie de entrevistas na zona de Moaña. O obxectivo era recopilar información de primeira man a través de fontes orais sobre os traballos e a vida cotiá no mar en Galicia de cara a publicación dun libro que levaría por título “O mundo do mar segundo a tradición oral”. Os traballos supuxeron todo un exercicio de memoria viva, recopilando unha valiosa información sobre saberes tradicionais do mundo do mar de man das propias persoas protagonistas. O libro nunca se chegou a publicar, non obstante as gravacións orixinais recollidas forman agora parte do APOI, que dispón de tódalas entrevistas realizadas, así como das transcricións e das análises das mesmas feitas e revisadas polos propios compiladores.
Na sede do APOI no Museo do Pobo Galego poden escoitarse as entrevistas completas. Nós eleximos presentar na rede as editadas (revisadas e cortadas en varias partes) polo propio compilador para optimizar o traballo de busca.

Notas sobre a dixitalización

Este arquivo chegou ao APOI xa dixitalizado,editado en cortes e gravado en CD. Asemade chegaron as cintas casete orixinais de procedencia.

Notas sobre a transcrición do texto

A transcrición fíxose nos 90 e foi revisada no 2021 polo propio compilador e o persoal do APOI.
Respectouse a pronuncia da persoa e as palabras e expresións coloquiais transcribíronse tal e como foron ditas. Nalgúns casos, o compilador introduciu notas a pé ou entre parénteses () para aclarar termos ou expresións, ou ben para aportar algún dato relevante sobre o que se está falando.
As partes nas que non se entende ben o que din o e a informantes están sinaladas con: (?)
Cando intervén María Pérez na conversa está indicado con: “(María)” antes do texto.

Notas xerais

Esta entrevista continúa no rexistro O MAR 12.3. (ID 667)

Persoal do arquivo: Editar elemento