O MAR 11. ASOCIACIONISMO, MITINS E MANIFESTACIÓNS

O MAR 11. ASOCIACIONISMO, MITINS E MANIFESTACIÓNS.

Id: 663
Coleccion: Santos- Villaverde SaVi
Ano de recolla: 1992
Concello: Moaña.
Informantes: Bernárdez Villaverde, Antonio José

[thumbnail of Entrevista] Audio (Entrevista)
MPG_SaVi_0011_000_en_0_00_00_id663.mp3 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (27MB)
[thumbnail of Documento de transcrición e análise] Texto (Documento de transcrición e análise)
MPG_SaVi_0011_000_en_0_00_00_id663_D.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (161kB)

Resumo / Descrición

Esta ficha recolle o primeiro e único corte dos que se divide a undécima e última das entrevistas realizadas a Antonio José Bernárdez Villaverde por Xosé C. Villaverde Román durante o verán de 1992 na zona de Moaña.
O informante fala de asociacionismo mariñeiro e de conflitos políticos e laborais xurdidos na II República, como o da venda da raba. Tamén fala dalgúns líderes políticos e sindicais e da sorte que correron a partir do golpe de Estado de 1936, entre eles, Cándida Lago.

Palabras chave: mar , mariñeiro , armador , patrón , falanxismo , sindicato , sindicalismo , protesta , dereitos sociais , Cangas , Moaña , conflito laboral , conflito político , pesca , raba , Vigo , Solidaridad Marinera , FAI , II República , folga , pósito , casa do pobo , golpe de Estado de 1936 , represalia , Cándida Lago , Garda Civil
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Entrevista
Colección: Santos- Villaverde SaVi
Compilador: Villaverde Román, Xosé Carlos
Autor da recolla: Villaverde Román, Xosé Carlos
Informante: Bernárdez Villaverde, Antonio José
Lugar de compilación: Moaña - O Carmen - O Carmen
Data: 18 agosto 1992
Duración do corte: 27 min.   37 seg.
Soporte orixinal: Casete
Transcritor do texto: Villaverde Román, Xosé Carlos
Referencia do arquivo principal: MPG_SaVi_0011_001_en_0_00_00_id663.mp3
Data de depósito: 04 Xull 2021 16:28
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/663

Notas da recolla

No verán de 1992 Xosé C. Villaverde Román realizou unha serie de entrevistas na zona de Moaña. O obxectivo era recopilar información de primeira man a través de fontes orais sobre os traballos e a vida cotiá no mar en Galicia de cara a publicación dun libro que levaría por título “O mundo do mar segundo a tradición oral”. Os traballos supuxeron todo un exercicio de memoria viva, recopilando unha valiosa información sobre saberes tradicionais do mundo do mar de man das propias persoas protagonistas. O libro nunca se chegou a publicar, non obstante as gravacións orixinais recollidas forman agora parte do APOI, que dispón de tódalas entrevistas realizadas, así como das transcricións e das análises das mesmas feitas e revisadas polos propios compiladores.
Na sede do APOI no Museo do Pobo Galego poden escoitarse as entrevistas completas. Nós eleximos presentar na rede as editadas (revisadas e cortadas en varias partes) polo propio compilador para optimizar o traballo de busca.

Notas sobre os informantes

O informante, Antonio José Bernárdez Villaverde foi armador dun barco que se chamaba “María del Carmen”. Coñecido polo seu nome de pila e alcume: Pepe “Fanico”.
Nas notas da recolla figura a seguinte observación: "Persoa de voz xa gastada. En ocasións nótase cansancio e afonía."

Notas sobre a dixitalización

Este arquivo chegou ao APOI xa dixitalizado,editado en cortes e gravado en CD. Asemade chegaron as cintas casete orixinais de procedencia.

Notas sobre a transcrición do texto

A transcrición fíxose nos 90 e foi revisada no 2021 polo propio compilador e o persoal do APOI.
Respectouse a pronuncia da persoa e as palabras e expresións coloquiais transcribíronse tal cual foron ditas. Nalgúns casos, o compilador introduciu notas a pé para aclarar termos ou expresións, ou ben para aportar algún dato relevante sobre o que se está falando.
As partes nas que non se entende ben o que di o informante están sinaladas con: (?)

Notas xerais

O informante, Antonio José Bernárdez Villaverde, tamén fala da temática dos asociacionismo, mitins e manifestacións nos seguintes rexistro: O MAR 9.5. (ID 658) e O MAR 10.2 (ID662)

Persoal do arquivo: Editar elemento