O MAR 10.1. AS NUBES E A LÚA NA PREDICIÓN DO TEMPO

Santos- Villaverde SaVi (1992) (Moaña). O MAR 10.1. AS NUBES E A LÚA NA PREDICIÓN DO TEMPO. [Bernárdez Villaverde, Antonio José]

[thumbnail of Entrevista] Audio (Entrevista)
MPG_SaVi_0010_001_en_0_00_00_id661.mp3 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (8MB)
[thumbnail of Documento de transcrición e análise] Texto (Documento de transcrición e análise)
MPG_SaVi_0010_001_en_0_00_00_id661_D.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (137kB)

Resumo / Descrición

Esta ficha recolle o primeiro corte dos que se divide a décima das 11 entrevistas realizadas a Antonio José Bernárdez Villaverde por Xosé C. Villaverde Román durante o verán de 1992 na zona de Moaña.
O informante explica a través dun dito popular, un truco que usaban os mariñeiros para predecir o tempo. O recolledor pregúntalle por lendas da zona pero non dá apenas información por non creer nesas cousas.

Palabras chave: mar , refrán , dito , mariñeiro , climatoloxía , lúa , vento , lenda
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Entrevista
Áreas de coñecemento: SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Saberes sobre o mar e o peixe
CRENZAS, VALORES E SABERES VARIOS > Outras crenzas e cosmovisións populares
CRENZAS, VALORES E SABERES VARIOS > Ciencia popular
LITERATURA E DITOS POPULARES > Refráns, frases sentenciosas e ditos
Colección: Santos- Villaverde SaVi
Compilador: Villaverde Román, Xosé Carlos
Autor da recolla: Villaverde Román, Xosé Carlos
Informante: Bernárdez Villaverde, Antonio José
Lugar de compilación: Moaña - O Carmen - O Carmen
Data: 13 agosto 1992
Duración do corte: 9 min.   15 seg.
Soporte orixinal: Casete
Transcritor do texto: Villaverde Román, Xosé Carlos
Referencia do arquivo principal: MPG_SaVi_0010_001_en_0_00_00_id661.mp3
Data de depósito: 07 Xull 2021 14:15
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/661

Notas da recolla

No verán de 1992 Xosé C. Villaverde Román realizou unha serie de entrevistas na zona de Moaña. O obxectivo era recopilar información de primeira man a través de fontes orais sobre os traballos e a vida cotiá no mar en Galicia de cara a publicación dun libro que levaría por título “O mundo do mar segundo a tradición oral”. Os traballos supuxeron todo un exercicio de memoria viva, recopilando unha valiosa información sobre saberes tradicionais do mundo do mar de man das propias persoas protagonistas. O libro nunca se chegou a publicar, non obstante as gravacións orixinais recollidas forman agora parte do APOI, que dispón de tódalas entrevistas realizadas, así como das transcricións e das análises das mesmas feitas e revisadas polos propios compiladores.
Na sede do APOI no Museo do Pobo Galego poden escoitarse as entrevistas completas. Nós eleximos presentar na rede as editadas (revisadas e cortadas en varias partes) polo propio compilador para optimizar o traballo de busca.

Notas sobre os informantes

O informante, Antonio José Bernárdez Villaverde foi armador dun barco que se chamaba “María del Carmen”. Coñecido polo seu nome de pila e alcume: Pepe “Fanico”.
Nas notas da recolla figura a seguinte observación: "Persoa de voz xa gastada. En ocasións nótase cansancio e afonía."

Notas sobre a dixitalización

Este arquivo chegou ao APOI xa dixitalizado,editado en cortes e gravado en CD. Asemade chegaron as cintas casete orixinais de procedencia.

Notas sobre a transcrición do texto

A transcrición fíxose nos 90 e foi revisada no 2021 polo propio compilador e o persoal do APOI.
Respectouse a pronuncia da persoa e as palabras e expresións coloquiais transcribíronse tal cual foron ditas. Nalgúns casos, o compilador introduciu notas a pé para aclarar termos ou expresións, ou ben para aportar algún dato relevante sobre o que se está falando.
As partes nas que non se entende ben o que di o informante están sinaladas con: (?)

Notas xerais

O informante, Antonio José Bernárdez Villaverde, tamén fala das nubes e a lúa na predición do tempo no seguinte rexistro: O MAR 6.5. (ID 642)

Persoal do arquivo: Editar elemento