O MAR 9.1. OCIO E FESTAS.
Id: | 654 |
Coleccion: | Santos- Villaverde SaVi |
Ano de recolla: | 1992 |
Concello: | Moaña. |
Informantes: | - Bernárdez Villaverde, Antonio José |
Audio (Entrevista)
MPG_SaVi_0009_001_en_0_00_00_id654.mp3 - Arquivo principal Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (6MB) |
|
Texto (Documento de transcrición e análise)
MPG_SaVi_0009_001_en_0_00_00_id654_D.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (138kB) |
Resumo / Descrición
Esta ficha recolle o primeiro corte dos que se divide a novena das 11 entrevistas realizadas a Antonio José Bernárdez Villaverde por Xosé C. Villaverde Román durante o verán de 1992 na zona de Moaña.
O informante fala das festas e explica como se iluminaban de noite antes da chegada da luz eléctrica. Tamén fala do conflito constante que había entre a xente de Cangas e a de Moaña polas modalidades de pesca empregadas en cada sitio.
Palabras chave: | mar , balandro , festa , romería , banda de música , luz eléctrica , Moaña , Cangas , conflito , embarcación a motor , xeito , boliche , traiñeira |
---|---|
Tipo de rexistro: | Etnográfico xeral |
Feito rexistrado: | Entrevista |
Áreas de coñecemento: | SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Embarcacións SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Artes de pesca SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Saberes sobre o mar e o peixe FESTAS > Romarías |
Colección: | Santos- Villaverde SaVi |
Compilador: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
Autor da recolla: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
Informante: | Bernárdez Villaverde, Antonio José |
Lugar de compilación: | Moaña - O Carmen - O Carmen |
Data: | 10 agosto 1992 |
Duración do corte: | 6 min. 37 seg. |
Soporte orixinal: | Casete |
Transcritor do texto: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
Referencia do arquivo principal: | MPG_SaVi_0009_001_en_0_00_00_id654.mp3 |
Data de depósito: | 04 Xull 2021 16:23 |
URI: | http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/654 |
Notas da recolla
No verán de 1992 Xosé C. Villaverde Román realizou unha serie de entrevistas na zona de Moaña. O obxectivo era recopilar información de primeira man a través de fontes orais sobre os traballos e a vida cotiá no mar en Galicia de cara a publicación dun libro que levaría por título “O mundo do mar segundo a tradición oral”. Os traballos supuxeron todo un exercicio de memoria viva, recopilando unha valiosa información sobre saberes tradicionais do mundo do mar de man das propias persoas protagonistas. O libro nunca se chegou a publicar, non obstante as gravacións orixinais recollidas forman agora parte do APOI, que dispón de tódalas entrevistas realizadas, así como das transcricións e das análises das mesmas feitas e revisadas polos propios compiladores.
Na sede do APOI no Museo do Pobo Galego poden escoitarse as entrevistas completas. Nós eleximos presentar na rede as editadas (revisadas e cortadas en varias partes) polo propio compilador para optimizar o traballo de busca.
Notas sobre os informantes
O informante, Antonio José Bernárdez Villaverde foi armador dun barco que se chamaba “María del Carmen”. Coñecido polo seu nome de pila e alcume: Pepe “Fanico”.
Nas notas da recolla figura a seguinte observación: "Persoa de voz xa gastada. En ocasións nótase cansancio e afonía."
Notas sobre a dixitalización
Este arquivo chegou ao APOI xa dixitalizado,editado en cortes e gravado en CD. Asemade chegaron as cintas casete orixinais de procedencia.
Notas sobre a transcrición do texto
A transcrición fíxose nos 90 e foi revisada no 2021 polo propio compilador e o persoal do APOI.
Respectouse a pronuncia da persoa e as palabras e expresións coloquiais transcribíronse tal cual foron ditas. Nalgúns casos, o compilador introduciu notas a pé para aclarar termos ou expresións, ou ben para aportar algún dato relevante sobre o que se está falando.
As partes nas que non se entende ben o que di o informante están sinaladas con: (?)
Persoal do arquivo: | Editar elemento |