O MAR 8.3. CRENZAS E SUPERSTICIONS

Santos- Villaverde SaVi (1992) (Moaña). O MAR 8.3. CRENZAS E SUPERSTICIONS. [Bernárdez Villaverde, Antonio José]

[thumbnail of Entrevista] Audio (Entrevista)
MPG_SaVi_0008_003_en_0_29_16_id651.mp3 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (7MB)
[thumbnail of Documento de transcrición e análise] Texto (Documento de transcrición e análise)
MPG_SaVi_0008_003_en_0_29_16_id651_D.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (142kB)

Resumo / Descrición

Esta ficha recolle o terceiro corte dos que se divide a oitava das 11 entrevistas realizadas a Antonio José Bernárdez Villaverde por Xosé C. Villaverde Román durante o verán de 1992 na zona de Moaña.
O informante fala de crenzas no mundo mariñeiro, da noite de San Xoan e dos rituais para espantar as bruxas.

Palabras chave: mar , mariñeiro , crenzas , supersticións , San Xoan , bruxa , meiga , ritual , mocedade , muller
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Entrevista
Áreas de coñecemento: SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Saberes sobre o mar e o peixe
FESTAS > Festas universais do ciclo anual > San Xoán
CRENZAS, VALORES E SABERES VARIOS > Maxia e meiguería. Adiviñación
CRENZAS, VALORES E SABERES VARIOS > Outras crenzas e cosmovisións populares
Colección: Santos- Villaverde SaVi
Compilador: Villaverde Román, Xosé Carlos
Autor da recolla: Villaverde Román, Xosé Carlos
Informante: Bernárdez Villaverde, Antonio José
Lugar de compilación: Moaña - O Carmen - O Carmen
Data: 10 agosto 1992
Duración do corte: 8 min.   5 seg.
Soporte orixinal: Casete
Transcritor do texto: Villaverde Román, Xosé Carlos
Referencia do arquivo principal: MPG_SaVi_0008_003_en_0_29_16_id651.mp3
Data de depósito: 04 Xull 2021 16:22
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/651

Notas da recolla

No verán de 1992 Xosé C. Villaverde Román realizou unha serie de entrevistas na zona de Moaña. O obxectivo era recopilar información de primeira man a través de fontes orais sobre os traballos e a vida cotiá no mar en Galicia de cara a publicación dun libro que levaría por título “O mundo do mar segundo a tradición oral”. Os traballos supuxeron todo un exercicio de memoria viva, recopilando unha valiosa información sobre saberes tradicionais do mundo do mar de man das propias persoas protagonistas. O libro nunca se chegou a publicar, non obstante as gravacións orixinais recollidas forman agora parte do APOI, que dispón de tódalas entrevistas realizadas, así como das transcricións e das análises das mesmas feitas e revisadas polos propios compiladores.
Na sede do APOI no Museo do Pobo Galego poden escoitarse as entrevistas completas. Nós eleximos presentar na rede as editadas (revisadas e cortadas en varias partes) polo propio compilador para optimizar o traballo de busca.

Notas sobre os informantes

O informante, Antonio José Bernárdez Villaverde foi armador dun barco que se chamaba “María del Carmen”. Coñecido polo seu nome de pila e alcume: Pepe “Fanico”.
Nas notas da recolla figura a seguinte observación: "Persoa de voz xa gastada. En ocasións nótase cansancio e afonía."

Notas sobre a dixitalización

Este arquivo chegou ao APOI xa dixitalizado,editado en cortes e gravado en CD. Asemade chegaron as cintas casete orixinais de procedencia.

Notas sobre a transcrición do texto

A transcrición fíxose nos 90 e foi revisada no 2021 polo propio compilador e o persoal do APOI.
Respectouse a pronuncia da persoa e as palabras e expresións coloquiais transcribíronse tal cual foron ditas. Nalgúns casos, o compilador introduciu notas a pé para aclarar termos ou expresións, ou ben para aportar algún dato relevante sobre o que se está falando.
As partes nas que non se entende ben o que di o informante están sinaladas con: (?)

Notas xerais

Esta entrevista comeza no seguinte rexistro: O MAR 8.2. (ID 650)

Persoal do arquivo: Editar elemento