A Batalla de Mouruás. Mouros e cristiáns

A Batalla de Mouruás. Mouros e cristiáns.

Id: 542
Coleccion: Xosé Manuel González Reboredo
Ano de recolla: 2010
Concello: San Xoán de Río.
Informantes: - Lamelas, Ana - ., Don Xesús - Álvarez, Alicia - Sabín, Domiciano - Cid Borrajo, José Vicente - Lamagrande, Félix César

[thumbnail of A Batalla de Mouruás] Vídeo (A Batalla de Mouruás)
MPG_ReXM_0024_001_en_0_00_01_id542.mp4 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (470MB)
[thumbnail of Ficha de transcrición, contexto etnográfico e colección de fotografías] Texto (Ficha de transcrición, contexto etnográfico e colección de fotografías)
MPG_ReXM_0024_001_en_0_00_01_id542_D.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (2MB)
[thumbnail of Cristiáns e Anxo (primeiro pola dereita) arredor de 1950. Foto facilitada por Domiciano Sabín]
Vista previa
Imaxe (Cristiáns e Anxo (primeiro pola dereita) arredor de 1950. Foto facilitada por Domiciano Sabín)
MPG_ReXM_0024_001_en_0_00_01_id542_I03.jpg - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (34kB) | Vista previa
[thumbnail of Don Carlos, ano 1984. Foto facilitada por Alicia Álvarez]
Vista previa
Imaxe (Don Carlos, ano 1984. Foto facilitada por Alicia Álvarez)
MPG_ReXM_0024_001_en_0_00_01_id542_I01.jpg - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (701kB) | Vista previa
[thumbnail of A chegada dos mouros, ano 1985. Foto cedida por Félix Cesar Lamagrande]
Vista previa
Imaxe (A chegada dos mouros, ano 1985. Foto cedida por Félix Cesar Lamagrande)
MPG_ReXM_0024_001_en_0_00_01_id542_I02.JPG - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (540kB) | Vista previa

Resumo / Descrición

Vídeo e colección de fotografías, transcrición, textos de referencia e estudo etnográfico da Batalla de Mouruás, representación de mouros e cristiáns na parroquia de San Xoán de Río (San Xoan de Río, Ourense)

Palabras chave: teatro popular , mouros e cristiáns , festas patronais devocións , Santiago , procesión
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Evento
Áreas de coñecemento: FESTAS > Festas patronais, de devoción local e sectoriais
LITERATURA E DITOS POPULARES > Teatro
Colección: Xosé Manuel González Reboredo
Compilador: González Reboredo, Xosé Manuel
Autor da recolla: González Reboredo, Xosé Manuel e Abella Rey, Carlos
Informante: Lamelas, Ana e ., Don Xesús e Álvarez, Alicia e Sabín, Domiciano e Cid Borrajo, José Vicente e Lamagrande, Félix César
Lugar de compilación: San Xoán de Río - San Xoán de Río - Mouruás
Data: 2010
Transcritor do texto: González Reboredo, Xosé Manuel
Referencia do arquivo principal: MPG_ReXM_0024_001_en_0_00_01_id542
Data de depósito: 24 Nov 2020 17:04
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/542

Notas da recolla

Como “A Batalla” non se representa dende 1985, os datos de campo foron recollidos mediante entrevistas levadas a cabo entre maio e agosto de 2010 por Xosé M. González Reboredo. O mesmo etnógrafo fixo as xestións para conseguir unha copia do vídeo que se reproduce, a cal, malia a súa calidade, resulta ser unha testemuña oral e visual de interese etnográfico

Notas sobre os informantes

A lista de informantes, coas súas respectivas achegas, é a que segue:
- Ana Lamelas, natural de San Xoán de Río, quen facilitou unha copia en papel do texto da Batalla utilizado nos anos 1984 e 1985 e serviu de introdutora diante de veciños de Mouruás.
- Don Xesús, párroco de San Xoán de Río, que coñeceu a festa en tempos pasados.
- Alícia Álvarez, natural e veciña de Mouruás, quen, xunto co seu esposo, lembrou cuestións relacionadas coa representación e os seus protagonistas, facilitou algunhas fotografías e tamén nos mostrou unha vella espada de madeira usada polos cristiáns na posta en escena antiga, que tiña lugar ata comezos dos anos cincuenta do século XX.
- Domiciano Sabín, enfermeiro, natural de Mouruás e actualmente veciño de Goián (Pontevedra). Foi un destacado protagonista na recuperación da Batalla en 1984-85. Proporcionou fotografías así como abundante información sobre a mesma.
- José Vicente Cid Borrajo, veciño de Pobra de Trives, que fixo as xestíóns para que dispuxéramos da copia do video que se reproduce. Este video foi montado polo citado José V. Cid a partir de gravación de Carlos Abella Rey.
- Félix César Lamagrande, quen participóu na última representación e quen nos remitiu fotografías que se reproducen nesta ficha.
- Outros dous veciños e unha veciña de Mouruás, esta última da casa dos panadeiros, dos que non consta o nome.

Notas sobre a dixitalización

O video foi montado por José Vicente Cid Borrajo a partir dunha gravación realizada por Carlos Abella Rey

Notas sobre o texto

Reprodúcese como texto-base a copia mecanografada coa versión do texto da Batalla utilizado nos anos 1984 e 1985 facilitada por Ana Lamelas, natural de San Xoán de Río. Tamén se utilizan partes dunha copia máis antiga, conservada no Arquivo Histórico Provincial de Ourense

Notas sobre a transcrición do texto

O texto orixinal e mecanografado de 1984/ 1985 ten algunhas alteracións e erratas, as que se corrixiron cando eran evidentes e non desvirtuaban o orixinal, e tamén se rectificou algún signo de puntuación, interrogación ou admiración. Moito máis complexa, e comprometida, foi a transcrición do manuscrito antigo, conservado no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, pois neste caso hai que engadir ás dificultades habituais feitos como que o redactor descoñece as normas de ortografía e de separación de palabras, escribe sistemáticamente o verbo haber sen h, duplica o r en comezo de palabra, substitúe o v por b, ignora os signos de puntuación, etc. Ademais dá a impresión de que se está a reproducir un texto en castelán por un galegofalante habitual, o que dá lugar á aparición, por exemplo, de oustinado por obstinado, ou a transcribir palabras de difícil, ou imposible, interpretación. Como solución a esta problemática optamos por corrixir os erros ortográficos e usar unha mínima puntuación, pero mantendo as formas vulgares que delatan deficientes coñecementos da lingua castelá. Estas alteracións van sempre acompañadas de [sic].
Aínda é oportuno angadir outra observación. O texto de 1984-1985 non recolleu todo o que aparece no manuscrito antigo e, ademais, alterou a orde de moitas intervencións. Ante este feito caben dúas opcións: reproducir a totalidade dos dous textos ou tomar o máis amplo e completo, o de 1984, como base e acompañalo en paralelo soamente das coincidencias da copia antiga, deixando de lado as partes non incorporadas. Malia as dúbidas ao respecto, decidiuse usar a segunda opción porque os versos que desta maneira quedan sen transcribir do texto antigo non aportan ningunha novidade destacable

Persoal do arquivo: Editar elemento