Memoria Histórica de Cangas 3.4. Entrevista a Lola Rodal

Memoria Histórica de Cangas 3.4. Entrevista a Lola Rodal.

Id: 523
Coleccion: Santos- Villaverde SaVi
Ano de recolla: 1999
Concello: Cangas.
Informantes: Rodal Blanco, Lola

[thumbnail of Entrevista] Audio (Entrevista)
MPG_SaVi_0071_000_en_0_00_00_id523.mp3 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (31MB)
[thumbnail of Documento de transcrición e análise] Texto (Documento de transcrición e análise)
MPG_SaVi_0071_000_en_0_00_00_id523 .pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (248kB)

Resumo / Descrición

Esta ficha recolle a cuarta e última parte dunha entrevista realizada a Lola Rodal Blanco por unha traballadora do Centro de Documentación de Historia Local de Cangas. Ao principio da entrevista, Lola continúa a falar da represión en Cangas tralo alzamento militar de 1936, centrándose no caso de varios líderes políticos e sindicais asasinados, entre os que se atopan os coñecidos como “mártires de Anguieiro”. Despois fala do orfeón de Cangas durante a II República e canta algunha das súas coplas

Palabras chave: Cangas , Aldán, Guerra Civil , represión , Falanxe , falanxista , Lorenzo Corbacho Rodal , sindicato , Alianza Mariñeira , mártires de Anguieiro , II República , canción , coro , orfeón , copla , comparsa
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Entrevista
Áreas de coñecemento: SOCIEDADE > Vilas e cidades
LITERATURA E DITOS POPULARES > Coplas
Colección: Santos- Villaverde SaVi
Compilador: Santos Castroviejo, Iago
Informante: Rodal Blanco, Lola
Lugar de compilación: Cangas - Cangas
Data: 11 decembro 1999
Duración do corte: 16 min.   34 seg.
Soporte orixinal: Casete
Dixitalizador: Cerdeira, Francisco
Referencia do arquivo principal: MPG_SaVi_0071_000_en_0_00_00_id523
Data de depósito: 10 Nov 2020 12:02
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/523

Notas da recolla

Descoñecemos o nome da entrevistadora. A entrevista fíxose no marco duns traballos de documentación da historia local a través dun organismo creado a tal efecto: o Centro de Documentación Histórica Local de Cangas

Notas sobre os informantes

Lola Rodal naceu en Cangas o 3 de marzo de 1921. No contexto do golpe de Estado de 1936 e a Guerra Civil, sendo ela unha rapaza, a súa familia é presa dunha forte represión a mans do réxime franquista pola súa vinculación co sindicalismo mariñeiro e co goberno republicano de Cangas. Estes acontecementos marcarán a vida de Lola e serán o tema central das múltiples entrevistas que concedeu

Notas sobre a transcrición do texto

Transcritora: traballadora do Centro de Documentación de Historia Local (CDHL). Nome da persoa descoñecido. Revisión do APOI
A informante posúe un marcado acento da costa pontevedresa e emprega a gheada e o seseo. Tamén son frecuentes os castelanismos e os localismos.
A transcrición fíxose respectando a pronuncia da persoa. Nos casos en que determinadas palabras ou expresións poidan xerar confusión, estas van acompañadas dunha nota a pé de páxina para aclarar o seu significado. Porén, para non entorpecer a lectura con aclaracións constantes, moitas palabras e expresións coloquiais transcríbense tal cual foron ditas e sen ningún tipo de aclaración.
As partes do texto onde aparecen puntos suspensivos pechados por parénteses “(...)” son inintelixibles e non se puideron transcribir. Os parénteses “()” indican expresións xestuais da informante e os corchetes “[]” indican aclaracións da transcritora

Notas xerais

Esta entrevista é a cuarta parte dunha entrevista completa. A primeira, segunda e terceira partes pódense atopar nos seguintes rexistros do APOI:

Memoria Histórica de Cangas 3.1. Entrevista a Lola Rodal
MPG_SaVi_0069_000_en_0_00_00_id521

Memoria Histórica de Cangas 3.2. Entrevista a Lola Rodal
MPG_SaVi_0096_000_en_0_00_00_id536

Memoria Histórica de Cangas 3.3. Entrevista a Lola Rodal
MPG_SaVi_0070_000_en_0_00_00_id522

Persoal do arquivo: Editar elemento