Memoria Histórica de Cangas 3.1. Entrevista a Lola Rodal

Santos- Villaverde SaVi (1999) (Cangas). Memoria Histórica de Cangas 3.1. Entrevista a Lola Rodal. [Rodal Blanco, Lola]

[thumbnail of Entrevista] Audio (Entrevista)
MPG_SaVi_0069_000_en_0_00_00_id521.mp3 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (60MB)
[thumbnail of Documento de transcrición e análise] Texto (Documento de transcrición e análise)
MPG_SaVi_0069_000_en_0_00_00_id521_D.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (353kB)

Resumo / Descrición

Esta ficha recolle a primeira parte dunha entrevista realizada a Lola Rodal Blanco por unha traballadora do Centro de Documentación de Historia Local de Cangas. Nela, Lola relata como era a vida durante a súa infancia e xuventude en Cangas: as formas de pesca tradicional, o traballo nas fábricas de salga e conserva, os inicios do asociacionismo de mariñeiros e traballadoras do mar e as primeiras folgas e conflitos, a escola, o cine, etc. Na última parte da entrevista fala da represión que sufriu a súa familia a partir do golpe de Estado de 1936 pola súa relación co sindicalismo mariñeiro e a vinculación co goberno republicano de Cangas.

Palabras chave: Cangas , mariñeiro , atadeira , ardora, xeito , barco de remos , fábrica , conserva , salga , Alianza Mariñeira , Casa do Pobo , comercio , balandro , transporte , cine , escola , mestra , mestre , sindicalismo , muller , dereitos sociais , CNT , Partido Socialista , folga , cárcere , familia , represión , exilio , II Guerra Mundial , Lorenzo Corbacho Rodal
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Entrevista
Áreas de coñecemento: SABERES RELACIONADOS COS OFICIOS > Outros oficios
SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Artes de pesca
SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Marisqueo
SOCIEDADE > Relacións supralocais. As feiras
SOCIEDADE > Os roles de xénero. Mulleres e homes
SOCIEDADE > Vilas e cidades
Colección: Santos- Villaverde SaVi
Compilador: Santos Castroviejo, Iago
Informante: Rodal Blanco, Lola
Lugar de compilación: Cangas - Cangas
Data: 11 decembro 1999
Duración do corte: 62 min.   44 seg.
Soporte orixinal: Casete
Dixitalizador: Cerdeira, Francisco
Referencia do arquivo principal: MPG_SaVi_0069_000_en_0_00_00_id521
Data de depósito: 24 Set 2020 08:57
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/521

Notas da recolla

Descoñecemos o nome da entrevistadora. A entrevista fíxose no marco duns traballos de documentación da historia local a través dun organismo creado a tal efecto: o Centro de Documentación Histórica Local de Cangas

Notas sobre os informantes

Lola Rodal naceu en Cangas o 3 de marzo de 1921. No contexto do golpe de Estado de 1936 e a Guerra Civil, sendo ela unha rapaza, a súa familia é presa dunha forte represión a mans do réxime franquista pola súa vinculación co sindicalismo mariñeiro e co goberno republicano de Cangas. Estes acontecementos marcarán a vida de Lola e serán o tema central das múltiples entrevistas que concedeu

Notas sobre a transcrición do texto

Transcritora: traballadora do Centro de Documentación de Historia Local (CDHL). Nome da persoa descoñecido. Revisión do APOI

A informante posúe un marcado acento da costa pontevedresa e emprega a gheada e o seseo. Tamén son frecuentes os castelanismos e os localismos.
A transcrición fíxose respectando a pronuncia da persoa. Nos casos en que determinadas palabras ou expresións poidan xerar confusión, estas van acompañadas dunha nota a pé de páxina para aclarar o seu significado. Porén, para non entorpecer a lectura con aclaracións constantes, moitas palabras e expresións coloquiais transcríbense tal cual foron ditas e sen ningún tipo de aclaración.
As partes do texto onde aparecen puntos suspensivos pechados por parénteses “(...)” son inintelixibles e non se puideron transcribir. Os parénteses “()” indican expresións xestuais da informante e os corchetes “[]” indican aclaracións da transcritora.

Notas xerais

Esta entrevista é a primeira parte dunha entrevista completa. A segunda, terceira e cuarta partes pódense atopar nos seguintes rexistros do APOI:

Memoria Histórica de Cangas 3.2. Entrevista a Lola Rodal
MPG_SaVi_0096_000_en_0_00_00_id536

Memoria Histórica de Cangas 3.3. Entrevista a Lola Rodal
MPG_SaVi_0070_000_en_0_00_00_id522

Memoria Histórica de Cangas 3.4. Entrevista a Lola Rodal
MPG_SaVi_0071_000_en_0_00_00_id523

Persoal do arquivo: Editar elemento