Memoria Histórica de Cangas 3.1. Entrevista a Lola Rodal.
Id: | 521 |
Coleccion: | Santos- Villaverde SaVi |
Ano de recolla: | 1999 |
Concello: | Cangas. |
Informantes: | - Rodal Blanco, Lola |
Audio (Entrevista)
MPG_SaVi_0069_000_en_0_00_00_id521.mp3 - Arquivo principal Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (60MB) |
|
Texto (Documento de transcrición e análise)
MPG_SaVi_0069_000_en_0_00_00_id521_D.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (353kB) |
Resumo / Descrición
Esta ficha recolle a primeira parte dunha entrevista realizada a Lola Rodal Blanco por unha traballadora do Centro de Documentación de Historia Local de Cangas. Nela, Lola relata como era a vida durante a súa infancia e xuventude en Cangas: as formas de pesca tradicional, o traballo nas fábricas de salga e conserva, os inicios do asociacionismo de mariñeiros e traballadoras do mar e as primeiras folgas e conflitos, a escola, o cine, etc. Na última parte da entrevista fala da represión que sufriu a súa familia a partir do golpe de Estado de 1936 pola súa relación co sindicalismo mariñeiro e a vinculación co goberno republicano de Cangas.
Palabras chave: | Cangas , mariñeiro , atadeira , ardora, xeito , barco de remos , fábrica , conserva , salga , Alianza Mariñeira , Casa do Pobo , comercio , balandro , transporte , cine , escola , mestra , mestre , sindicalismo , muller , dereitos sociais , CNT , Partido Socialista , folga , cárcere , familia , represión , exilio , II Guerra Mundial , Lorenzo Corbacho Rodal |
---|---|
Tipo de rexistro: | Etnográfico xeral |
Feito rexistrado: | Entrevista |
Áreas de coñecemento: | SABERES RELACIONADOS COS OFICIOS > Outros oficios SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Artes de pesca SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Marisqueo SOCIEDADE > Relacións supralocais. As feiras SOCIEDADE > Os roles de xénero. Mulleres e homes SOCIEDADE > Vilas e cidades |
Colección: | Santos- Villaverde SaVi |
Compilador: | Santos Castroviejo, Iago |
Informante: | Rodal Blanco, Lola |
Lugar de compilación: | Cangas - Cangas |
Data: | 11 decembro 1999 |
Duración do corte: | 62 min. 44 seg. |
Soporte orixinal: | Casete |
Dixitalizador: | Cerdeira, Francisco |
Referencia do arquivo principal: | MPG_SaVi_0069_000_en_0_00_00_id521 |
Data de depósito: | 24 Set 2020 08:57 |
URI: | http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/521 |
Notas da recolla
Descoñecemos o nome da entrevistadora. A entrevista fíxose no marco duns traballos de documentación da historia local a través dun organismo creado a tal efecto: o Centro de Documentación Histórica Local de Cangas
Notas sobre os informantes
Lola Rodal naceu en Cangas o 3 de marzo de 1921. No contexto do golpe de Estado de 1936 e a Guerra Civil, sendo ela unha rapaza, a súa familia é presa dunha forte represión a mans do réxime franquista pola súa vinculación co sindicalismo mariñeiro e co goberno republicano de Cangas. Estes acontecementos marcarán a vida de Lola e serán o tema central das múltiples entrevistas que concedeu
Notas sobre a transcrición do texto
Transcritora: traballadora do Centro de Documentación de Historia Local (CDHL). Nome da persoa descoñecido. Revisión do APOI
A informante posúe un marcado acento da costa pontevedresa e emprega a gheada e o seseo. Tamén son frecuentes os castelanismos e os localismos.
A transcrición fíxose respectando a pronuncia da persoa. Nos casos en que determinadas palabras ou expresións poidan xerar confusión, estas van acompañadas dunha nota a pé de páxina para aclarar o seu significado. Porén, para non entorpecer a lectura con aclaracións constantes, moitas palabras e expresións coloquiais transcríbense tal cual foron ditas e sen ningún tipo de aclaración.
As partes do texto onde aparecen puntos suspensivos pechados por parénteses “(...)” son inintelixibles e non se puideron transcribir. Os parénteses “()” indican expresións xestuais da informante e os corchetes “[]” indican aclaracións da transcritora.
Notas xerais
Esta entrevista é a primeira parte dunha entrevista completa. A segunda, terceira e cuarta partes pódense atopar nos seguintes rexistros do APOI:
Memoria Histórica de Cangas 3.2. Entrevista a Lola Rodal
MPG_SaVi_0096_000_en_0_00_00_id536
Memoria Histórica de Cangas 3.3. Entrevista a Lola Rodal
MPG_SaVi_0070_000_en_0_00_00_id522
Memoria Histórica de Cangas 3.4. Entrevista a Lola Rodal
MPG_SaVi_0071_000_en_0_00_00_id523
Persoal do arquivo: | Editar elemento |