Memoria Histórica de Cangas 1

Memoria Histórica de Cangas 1.

Id: 519
Coleccion: Santos- Villaverde SaVi
Ano de recolla: 2003
Concello: Cangas.
Informantes: Rodal Blanco, Lola

[thumbnail of Entrevista] Audio (Entrevista)
MPG_SaVi_0067_000_en_0_00_00_id519.mp3 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (163MB)
[thumbnail of Documento de transcrición e análise] Texto (Documento de transcrición e análise)
MPG_SaVi_0067_000_en_0_00_00_id519_D .pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (327kB)

Resumo / Descrición

Esta é a primeira parte dunha entrevista que Iago Santos Castroviejo fixo a Lola Rodal Blanco no ano 2003. A entrevista trata sobre sindicalismo e conflitividade social en Cangas en tempos da II República e a represión desatada a raíz do alzamento militar de 1936 contra dirixentes políticos e sindicais e as súas familias. A informante, Lola Rodal, fala da represión que sufriu a súa propia familia, así como outras personas destacadas na vila.

Palabras chave: Cangas , sindicato , Mar y Tierra , CNT , Xuventudes Socialistas , UXT , Partido Comunista , atadeira , conserveira , fábrica de conservas , II República , mariñeiro , falanxismo , represión , cárcere , Igrexa , revolución de outubro , Guerra Civil , División Azul , lazareto , Lorenzo Corbacho Rodal , Partido Socialista , escuela normal
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Entrevista
Áreas de coñecemento: SOCIEDADE > Vilas e cidades
Colección: Santos- Villaverde SaVi
Compilador: Santos Castroviejo, Iago
Autor da recolla: Santos Castroviejo, Iago
Informante: Rodal Blanco, Lola
Lugar de compilación: Cangas - Cangas
Data: 2003
Duración do corte: 84 min.   54 seg.
Soporte orixinal: Casete
Data de dixitalización: 2019
Dixitalizador: Cerdeira, Francisco
Transcritor do texto: Santos Castroviejo, Iago
Referencia do arquivo principal: MPG_SaVi_0067_000_en_0_00_00_id519
Data de depósito: 02 Dec 2019 17:25
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/519

Notas sobre os informantes

Lola Rodal naceu en Cangas o 3 de marzo de 1921. No contexto do alzamento militar de 1936 e a Guerra Civil, sendo ela unha rapaza, a súa familia é presa dunha forte represión a mans do réxime franquista pola súa vinculación co sindicalismo mariñeiro e co goberno republicano de Cangas. Estes acontecementos marcarán a vida de Lola e serán o tema central das múltiples entrevistas que concedeu.

Notas sobre a transcrición do texto

A informante posúe un marcado acento da costa pontevedresa e emprega a gheada e o seseo. Tamén son frecuentes os castelanismos e os localismos.
A transcrición fíxose respectando a pronuncia da persoa. Nos casos en que determinadas palabras ou expressións poidan xerar confusión, estas van acompañadas dunha nota a pé de páxina para aclarar o termo correcto ou o significado. Porén, para non entorpecer a lectura con aclaracións constantes, moitas palabras e expresións coloquiais transcríbense tal cual foron ditas e sen ningún tipo de aclaración.
As partes do texto onde aparecen puntos suspensivos pechados por parénteses “(...)” son inintelixibles e non se poden transcribir. Os parénteses “()” indican expresións xestuais da informante e os corchetes “[]” indican aclaracións do transcritor.

Notas xerais

Esta entrevista continúa no rexistro:
Memoria Histórica de Cangas 2
MPG_SaVi_0068_000_en_0_00_00_id520

Persoal do arquivo: Editar elemento