BARRO DE ARÉN 10

Guillerme Ignacio Costa (2005) (Cerdedo - Cotobade). BARRO DE ARÉN 10. [Cortizo Medal, Manuela]

[img] Vídeo (Pandeireteiras de Barro 10)
MPG_IgGui_0001_010_en_0_19_35_id518.mp4 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.

Descargar (468MB)
[img] Texto (Letra)
MPG_IgGui_0001_010_en_0_19_35_id518.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.

Descargar (123kB)

Resumo / Descrición

Este é o décimo e último dos dez cortes de video con repertorio das pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo-Terra de Montes, Pontevedra), gravados entre o 2005 e o 2006 en diferentes contextos.

Palabras chave: coplas
Tipo de rexistro: Musical
Feito rexistrado: Evento
Áreas de coñecemento: LITERATURA E DITOS POPULARES > Coplas
Colección: Guillerme Ignacio Costa
Compilador: Ignacio Costa, Guillerme
Autor da recolla: Ignacio Costa, Guillerme e Carballo Penelas, Daniel
Informante: Cortizo Medal, Manuela
Informantes / Grupo: Pandeireteiras de Barro de Arén
Lugar de compilación: Cerdedo - Cotobade - Cerdedo - Barro de Arén
Data de compilación: 5 novembro 2005
Soporte orixinal: Videocasete (VHS)
Dixitalizador: Ignacio Costa, Guillerme
Transcritor do texto: Ignacio Costa, Guillerme
Transcritor da música: Ignacio Costa, Guillerme
Referencia do arquivo principal: MPG_IgGui_0001_010_en_0_19_35_id518
Data de depósito: 03 Oct 2019 09:18
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/518
Datos musicais Refrán
Íncipit textual: O cantar do arrieiro Ai ruíña, ai ruada
Instrumentación: Voz
Instrumentos: Voz feminina

Notas da recolla

Toma feita durante a gravación do CD das pandeireteiras de Barro de Arén, titulado “Cerdediño p’r’os amores” (A Estrada, Phonos, 2006).

Notas sobre os informantes

Manuela, coñecida como Manuela das Marianas, foi unha grandísima informante, boa pandeireteira e enorme cantadeira, cunha memoria prodixiosa e unha ansia infinita por transmitir os cantares e cantigas que sabía por herdanza cultural. Así o contaba ela mesma nunha entrevista para a Radio Galega con motivo da edición do Cd das Pandeireteiras de Barro de Arén no ano 2006:

“Eu xa son, doume Dios dunha forma, que eu se non estou aleghre, e se non canto, e non fagho destas cousas, eu pa min non é vivir. Eu desperto de noite, e como estou pra lle xuntar, pra lle dar cousas novas, anque sean as tres da mañán eu levántome e xa escribo a copla, non sea que se me pasen...”

Ademais do Cd mencionado (“Cerdediño p’r’os amores”, Ed. Phonos 2006), Manuela ten adicadas dúas publicacións monográficas á súa figura:
-Carlos Solla Varela, 2008: “Cantares de Manuela de Barro”.
-Xosé Lois Foxo, 2012: “Cantareira de Barro de Arén”.

Notas sobre a música

“Manuela aprendeu este fermoso cantar do seu pai, que aprendera á súa vez dos arrieiros que pasaban pola Terra de Montes cando levaban nas súas mulas o viño do Ribeiro cara a Pontevedra. O retrouso engadiullo ela recentemente, polo simple feito de que lle acaía ben.” (1).

(1) Guillerme Ignacio Costa, “Cerdediño p’r’os amores” (Ed. Phonos 2006)

Notas xerais

Esta peza aparece no Cd das pandeireteiras de Barro de Arén titulado “Cerdediño p’r’os amores” (Phonos, 2006). O seu contido está dispoñible na rede no enderezo https://arquivostradicionais.wordpress.com/2016/11/17/pandereteiras-de-barro-de-aren/
Tamén aparece no Alalá adicado a Barro de Arén en 2006: Alalá de Barro de Arén https://www.youtube.com/watch?v=8B15-EAtYcc.

Persoal do arquivo: Editar elemento