BARRO DE ARÉN 10. Cantar do arrieiro.
Id: | 518 |
Coleccion: | Guillerme Ignacio Costa |
Ano de recolla: | 2005 |
Concello: | Cerdedo - Cotobade. |
Informantes: | - Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas |
Vídeo (Pandeireteiras de Barro 10)
MPG_IgGui_0001_010_en_0_19_35_id518.mp4 - Arquivo principal Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (468MB) |
|
Texto (Letra)
MPG_IgGui_0001_010_en_0_19_35_id518.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (123kB) |
Resumo / Descrición
Este é o décimo e último dos dez cortes de video con repertorio das pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo-Terra de Montes, Pontevedra), gravados entre o 2005 e o 2006 en diferentes contextos.
Palabras chave: | coplas baile comunal |
---|---|
Tipo de rexistro: | Musical |
Feito rexistrado: | Evento |
Áreas de coñecemento: | LITERATURA E DITOS POPULARES > Coplas |
Colección: | Guillerme Ignacio Costa |
Compilador: | Ignacio Costa, Guillerme |
Autor da recolla: | Ignacio Costa, Guillerme e Carballo Penelas, Daniel |
Informante: | Cortizo Medal, Manuela, Manuela das Marianas |
Informantes / Grupo: | Pandeireteiras de Barro de Arén |
Lugar de compilación: | Cerdedo - Cotobade - Cerdedo - Barro de Arén |
Data: | 5 novembro 2005 |
Soporte orixinal: | Videocasete (VHS) |
Dixitalizador: | Ignacio Costa, Guillerme |
Transcritor do texto: | Ignacio Costa, Guillerme |
Transcritor da música: | Ignacio Costa, Guillerme |
Referencia do arquivo principal: | MPG_IgGui_0001_010_en_0_19_35_id518 |
Data de depósito: | 03 Out 2019 09:18 |
URI: | http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/518 |
Datos musicais | Refrán | |
---|---|---|
Íncipit textual: | O cantar do arrieiro | Ai ruíña, ai ruada |
Instrumentación: | Voz | |
Instrumentos: | Voz feminina |
Notas da recolla
Toma feita durante a gravación do CD das pandeireteiras de Barro de Arén, titulado “Cerdediño p’r’os amores” (A Estrada, Phonos, 2006).
Notas sobre os informantes
Manuela, coñecida como Manuela das Marianas, foi unha grandísima informante, boa pandeireteira e enorme cantadeira, cunha memoria prodixiosa e unha ansia infinita por transmitir os cantares e cantigas que sabía por herdanza cultural. Así o contaba ela mesma nunha entrevista para a Radio Galega con motivo da edición do Cd das Pandeireteiras de Barro de Arén no ano 2006:
“Eu xa son, doume Dios dunha forma, que eu se non estou aleghre, e se non canto, e non fagho destas cousas, eu pa min non é vivir. Eu desperto de noite, e como estou pra lle xuntar, pra lle dar cousas novas, anque sean as tres da mañán eu levántome e xa escribo a copla, non sea que se me pasen...”
Ademais do Cd mencionado (“Cerdediño p’r’os amores”, Ed. Phonos 2006), Manuela ten adicadas dúas publicacións monográficas á súa figura:
-Carlos Solla Varela, 2008: “Cantares de Manuela de Barro”.
-Xosé Lois Foxo, 2012: “Cantareira de Barro de Arén”.
Notas sobre a música
“Manuela aprendeu este fermoso cantar do seu pai, que aprendera á súa vez dos arrieiros que pasaban pola Terra de Montes cando levaban nas súas mulas o viño do Ribeiro cara a Pontevedra. O retrouso engadiullo ela recentemente, polo simple feito de que lle acaía ben.” (1).
(1) Guillerme Ignacio Costa, “Cerdediño p’r’os amores” (Ed. Phonos 2006)
Notas xerais
Esta peza aparece no Cd das pandeireteiras de Barro de Arén titulado “Cerdediño p’r’os amores” (Phonos, 2006). O seu contido está dispoñible na rede no enderezo https://arquivostradicionais.wordpress.com/2016/11/17/pandereteiras-de-barro-de-aren/
Tamén aparece no Alalá adicado a Barro de Arén en 2006: Alalá de Barro de Arén https://www.youtube.com/watch?v=8B15-EAtYcc.
Persoal do arquivo: | Editar elemento |