BARRO DE ARÉN 9

Guillerme Ignacio Costa (2005) (Cerdedo - Cotobade). BARRO DE ARÉN 9. [Castro Porto, Gumersinda] [Cortizo Medal, Manuela] [Castro Porto, Rosa] [Ruzo Sueiro, Clara] [Álvarez Sieiro, José]

[img] Vídeo (Pandeireteiras de Barro 9)
MPG_IgGui_0001_009_en_0_17_45_id517.mp4 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.

Descargar (194MB)
[img] Texto (Letra)
MPG_IgGui_0001_009_en_0_17_45_id517_L.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.

Descargar (120kB)

Resumo / Descrición

Este é o noveno dos dez cortes de video con repertorio das pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo-Terra de Montes, Pontevedra), gravados entre o 2005 e o 2006 en diferentes contextos.

Palabras chave: coplas
Tipo de rexistro: Musical
Feito rexistrado: Evento
Áreas de coñecemento: LITERATURA E DITOS POPULARES > Coplas
Colección: Guillerme Ignacio Costa
Compilador: Ignacio Costa, Guillerme
Autor da recolla: Ignacio Costa, Guillerme e Carballo Penelas, Daniel
Informante: Castro Porto, Gumersinda e Cortizo Medal, Manuela e Castro Porto, Rosa e Ruzo Sueiro, Clara e Álvarez Sieiro, José
Informantes / Grupo: Pandeireteiras de Barro de Arén
Lugar de compilación: Cerdedo - Cotobade - Cerdedo - Barro de Arén
Data de compilación: 5 novembro 2005
Duración do corte: 1 min.   50 seg.
Soporte orixinal: Videocasete (VHS)
Dixitalizador: Ignacio Costa, Guillerme
Transcritor do texto: Ignacio Costa, Guillerme
Transcritor da música: Ignacio Costa, Guillerme
Referencia do arquivo principal: MPG_IgGui_0001_009_en_0_17_45_id517
Data de depósito: 03 Oct 2019 09:17
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/517
Datos musicais Refrán
Íncipit textual: Barriño para cantar
Xénero: Pasodobre
Instrumentación: Percusión, Voz
Instrumentos: Pandeireta, Voces femininas

Notas da recolla

Xuntanza no “teleclú” de Barro de Arén con motivo do II Encontro de pandeireta galega e asturiana. Exemplo das múltiples Rúas que se fixeron neste pequeno local onde as pandeireteiras de Barro compartían con quen quixera os enormes saberes arredor da tradición na súa aldea que gardaban e aínda gardan.

Notas sobre os informantes

Estes son os datos sobre as/ os informantes que aparecen no vídeo; nome e apelidos, alcume e data e lugar de nacemento:
- Gumersinda Castro Porto, Ghumersinda das Dieghas. Barro 1927.
- Manuela Cortizo Medal, Manuela das Marianas. Cerdedo 1930 - 2018.
- Rosa Castro Porto, Rosa das Dieghas. Barro 1934.
- Clara Ruzo Sueiro, Clara dos Ruzos. Meilide 1935
- José Álvarez Sieiro, Pepito de Codeso. Barro de Arén, 1923 - 2008

Notas sobre a dixitalización

Vídeo de Daniel Carballo Penelas

Notas sobre a música

Pasodobre empregado para o baile nas Rúas de Barro de Arén. Enténdese de orixe castelá pola lingua do retrouso e mesmo por facer referencia ao río Manzanares. É dos pasodobres preferidos destas tocadoras.

Acompaña Pepito, home de Manuela, coa pandeireta. Malia ir ás Rúas de novo, aprendeu a tocala cando as pandeireteiras decidiron formar o grupo, a comezos dos anos 2000. Chama a atención o seu estilo improvisado no pasodobre, que atribuímos máis á súa cretividade que á tradición da pandeireta na zona.

Persoal do arquivo: Editar elemento