O MAR ARTES DE PESCA 1.6

O MAR ARTES DE PESCA 1.6.

Id: 499
Coleccion: Santos- Villaverde SaVi
Ano de recolla: 1992
Concello: Moaña.
Informantes: Bernárdez Villaverde, Antonio José

[thumbnail of Entrevista] Audio (Entrevista)
MPG_SaVi_0001_006_en_0_53_57_id499.mp3 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (5MB)
[thumbnail of Documento de transcrición e análise] Texto (Documento de transcrición e análise)
MPG_SaVi_0001_006_en_0_53_57_id499_D.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (211kB)
[thumbnail of Táboa de contido minutado do total da entrevista] Texto (Táboa de contido minutado do total da entrevista)
MPG_SaVi_0001_006_en_0_53_57_id499_D2.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (303kB)

Resumo / Descrición

Esta ficha recolle o sexto corte dos que se divide a primeira das 11 entrevistas realizadas a Antonio José Bernárdez Villaverde por Xosé C. Villaverde Román durante o verán de 1992 na zona de Moaña. A entrevista trata sobre a arte do mediomundo e algúns aparellos como as nasas, os ganapáns ou os rastros.

Palabras chave: pesca , artes de pesca , marisqueo , marisco , mediomundo , nasa , ganapán , rastro
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Entrevista
Áreas de coñecemento: SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Artes de pesca
SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Saberes sobre o mar e o peixe
Colección: Santos- Villaverde SaVi
Compilador: Villaverde Román, Xosé Carlos
Autor da recolla: Villaverde Román, Xosé Carlos
Informante: Bernárdez Villaverde, Antonio José
Lugar de compilación: Moaña - O Carmen - O Carmen
Data: 21 xullo 1992
Duración do corte: 6 min.   36 seg.
Soporte orixinal: Casete
Transcritor do texto: Villaverde Román, Xosé Carlos
Referencia do arquivo principal: MPG_SaVi_0001_006_en_0_53_57_id499.mp3
Data de depósito: 04 Xull 2019 15:52
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/499

Notas da recolla

No verán de 1992 Xosé C. Villaverde Román realizou unha serie de entrevistas na zona de Moaña. O obxectivo era recopilar información de primeira man a través de fontes orais sobre os traballos e a vida cotiá no mar en Galicia de cara a publicación dun libro que levaría por título “O mundo do mar segundo a tradición oral”. Os traballos supuxeron todo un exercicio de memoria viva, recopilando unha valiosa información sobre saberes tradicionais do mundo do mar de man das propias persoas protagonistas. O libro nunca se chegou a publicar, non obstante as gravacións orixinais recollidas forman agora parte do APOI, que dispón de tódalas entrevistas realizadas, así como das transcricións e das análises das mesmas feitas e revisadas polos propios compiladores.
Na sede do APOI no Museo do Pobo Galego poden escoitarse as entrevistas completas que eleximos presentar na rede cortadas para optimizar o traballo de busca.

Notas sobre os informantes

O informante, Antonio José Bernárdez Villaverde foi armador dun barco que se chamaba “María del Carmen”. Coñecido polo seu nome de pila e alcume: Pepe “Fanico”. Persoa de voz xa gastada. En ocasións nótase cansancio e afonía

Notas sobre o texto

Aclaración de termos: “Logomallo”: definición que lle daban os mariñeiros da zona ao limo que soltan os peixes sen escamas, como a solla ou a anguía, e que deixa unha imrponta viscosa nas redes.

Notas sobre a transcrición do texto

As partes do texto onde aparecen puntos suspensivos “...” no medio da conversas correspóndense con partes inintelixibles ou cortadas no audio e polo tanto non se poden transcribir.

Notas xerais

As gravacións foron achegadas nun principio por Iago Santos Castroviejo aínda que nun momento posterior incoporouse Xosé Carlos Villaverde Román e acordaron constituir unha colección conxunta para o APOI

Persoal do arquivo: Editar elemento