A pota de caña

A pota de caña.

Id: 416
Coleccion: Rosa García-Orellán
Ano de recolla: 1998
Concello: Ribeira.
Informantes: González, Manolo González, María González, José

[thumbnail of A pota de caña] Audio (A pota de caña)
MPG_GaRo_00003_001_en_0_00_01_id416.mp3 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (57MB) | Vista previa
[thumbnail of Ficha de contexto e transcrición]
Vista previa
Texto (Ficha de contexto e transcrición)
MPG_GaRo_0003_001_en_0_00_01_id416_D.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (137kB) | Vista previa

Resumo / Descrición

O tema principal da entrevista é a elaboración de augardente. Pero tamén saen outros, como o problema da perda da lingua galega entre os fillos de emigrantes no País Vasco e a súa ambigua identidade, ou o do loito (luto na transcrición).

Palabras chave: caña, caña branca, caña de herbas, pota (alambique), pincar (gotear o augardente), bagazo, viño, azafrán, viúva, loito (luto), misas, vasco, galego
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Entrevista
Áreas de coñecemento: SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE AGRARIA
SABERES RELACIONADOS COS OFICIOS > Outros oficios
SOCIEDADE > A familia, casa e a herdanza
SOCIEDADE > As idades da vida. Nacemento, casamento e morte
Colección: Rosa García-Orellán
Compilador: García-Orellán, Rosa
Autor da recolla: García-Orellán, Rosa
Informante: González, Manolo e González, María e González, José
Lugar de compilación: Ribeira - Olveira - Olveira
Data: 27 decembro 1998
Duración do corte: 48 min.   1 seg.
Soporte orixinal: Casete
Data de dixitalización: outubro 2013
Dixitalizador: Cerdeira, Francisco
Data da transcrición do texto: 1998
Transcritor do texto: García-Orellán, Rosa
Referencia do arquivo principal: RGO-003
Data de depósito: 23 Maio 2016 15:17
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/416

Notas da recolla

Estou na miña casa matriz, a de Orellán. Dous homes duns corenta anos están traballando ca pota nun recinto continuo as cuadras do gando. Saúdoos e séntome con eles; dígolles se podo gravar o proceso da caña e dinme que si, onte xa estiven con eles e díxenlles que hoxe á mañá ía a vir para ver como se facía a caña.

Notas sobre os informantes

Manolo e o seu irmán solteiro fan a caña.

Notas sobre a transcrición do texto

A transcrición orixinal realizada no 1998 por Rosa García-Orellán foi mecanografiada sobre papel e así foi incorporada na doazón efectuada ao APOI. As follas mecanografiadas dixitalizáronse e editáronse no Museo do Pobo Galego. O persoal do APOI traballou no tratamento destes documentos ao longo do ano 2014.

Notas xerais

A presente entrevista forma parte das efectuadas pola antropóloga Dra. Rosa García-Orellán como parte do traballo de campo da súa tese de doutoramento. As entrevistas foron estudadas e empregadas na elaboración de dito traballo pero este material pode ser analizado en moitos outros contextos. A Dra. García-Orellán cedeu as súas gravacións orixinais en casete e as transcricións que ela mesma fixera do seu contido ao APOI para que poidan ser compartidas con outras persoas interesadas.

Persoal do arquivo: Editar elemento