I Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia.
| Id: | 3705 |
| Coleccion: | Fondos propios do Museo do Pobo Galego |
| Ano de recolla: | 1993 |
| Concello: | Ribeira. |
| Informantes: | |
|
Vídeo (Xornadas inaugurais I Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia)
MPG_MPGF_0007_001_en_0_00_01.mp4 - Arquivo principal Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (1GB) |
|
|
Vídeo (Xornada de navegación I Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia)
MPG_MPGF_0007_002_en_0_10_38.mp4 - Arquivo principal Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (1GB) |
|
Vista previa |
Imaxe (Cartaz I Encontro Embarcación)
MPG_MPGF_0007_i01.jpg - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (166kB) | Vista previa |
|
Texto (Programación I Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia)
MPG_MPGF_0007_i02.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (4MB) |
|
Vista previa |
Imaxe (Placa e pin do I Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia)
MPG_MPGF_0007_i03.jpg - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (38MB) | Vista previa |
Resumo / Descrición
O I Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia tivo lugar entre os días 9 e 11 de xullo de 1993. Estivo organizado pola "Cofradía da Dorna" (Santa Uxía de Ribeira), "Amigos da vela latina" (Carril), "Amigos da dorna meca" (O Grove), "A Buxaina" (Coruxo), a Escola taller de carpintería de ribeira de Marín e o Museo do Pobo Galego. Co patrocinio do Concello de Ribeira e da Xunta de Galicia a través da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, a Consellería de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno e o Xacobeo 93.
Esta compilación reúne materiais derivados deste evento tendo como arquivos principais os rexistros audiovisuais que recollen momentos da navegación e parte das conferencias inaugurais previas ás Xornadas sobre embarcacións históricas e tradicionais da costa atlántica europea que, organizadas dende o Museo do Pobo Galego, contaron coa participación de especialistas galegos, españois e portugueses.
O Encontro de Ribeira de 1993 supuxo o xermolo da gran festa da cultura marítima e fluvial de Galicia que continúa na actualidade mais tamén o nacemento, en abril de 1994, da Federación Galega pola Cultura Marítima (Culturmar).
En xullo de 2025 o XVII Encontro de Embarcacións tradicionais de Galicia voltou a celebrarse en Ribeira.
| Palabras chave: | embarcación tradicional barco navegación |
|---|---|
| Tipo de rexistro: | Etnográfico xeral |
| Feito rexistrado: | Evento |
| Colección: | Fondos propios do Museo do Pobo Galego |
| Compilador: | Lema, Lino |
| Autor da recolla: | Pérez, Enrique |
| Lugar de compilación: | Ribeira |
| Data: | xullo 1993 |
| Soporte orixinal: | Videocasete (VHS) |
| Data de dixitalización: | 2018 |
| Dixitalizador: | Varela, Manolo |
| Referencia do arquivo principal: | MPG_MPGF_0007_001_en_0_00_01.mp4 e MPG_MPGF_0007_002_en_0_10_38.mp4 |
| Data de depósito: | 15 Xull 2025 08:46 |
| URI: | http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/3705 |
| Persoal do arquivo: | Editar elemento |