María de Fetós

María de Fetós.

Id: 3668
Coleccion: Suso García Devesa
Ano de recolla: 2017
Concello: Carnota.
Informantes: - Lado Piñeiro, María "María de Fetós"

[thumbnail of MPG_DeSu_0001_001_b_0_02_18.mp3] Audio
MPG_DeSu_0001_001_b_0_02_18.mp3 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (4MB)
Palabras chave: coplas
Tipo de rexistro: Musical
Feito rexistrado: Evento
Colección: Suso García Devesa
Compilador: García Devesa, Suso
Autor da recolla: García Devesa, Suso
Informante: Lado Piñeiro, María "María de Fetós"
Lugar de compilación: Carnota - San Mamede de Carnota (San Mamede) - Fetós
Data: 26 agosto 2017
Duración do corte: 3 min.   1 seg.
Soporte orixinal: Outros
Data da transcrición do texto: marzo 2025
Transcritor do texto: Agustín, José Manuel
Referencia do arquivo principal: MPG_DeSu_0001_001_b_0_02_18.mp3
Data de depósito: 17 Mar 2025 13:48
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/3668
Datos musicais Refrán
Xénero: Muiñeira
Instrumentación: Percusión, Voz
Instrumentos: Pandeireta, Voz feminina

Notas da recolla

A gravación realizouse o día 26 de agosto do 2017 na súa casa de Fetós.

Notas sobre os informantes

María Lado Piñeiro, "María de Fetós", naceu en Caldebarcos (Carnota) no ano 1927. Dende ben pequena foi ovelleira polas abas do monte Pindo e mentres os animais pacían, cantaba e aprendía a tocar a pandeireta cun prato de porcelana. Comezou de pandeireteira sendo aínda rapaza cando, xunto cunha veciña, cantaba e repenicaba toda a noite nas foliadas que se facían nas tabernas os días de lecer.

De moza traballou nas minas de volframio que había no monte de Parada e no Chan das Lamas. Casou para o lugar de Fetós (San Mamede de Carnota) onde vive.

Texto: Suso García Devesa (febreiro do 2025)

Notas xerais

Este audio foi editado para mostrarse en conxunto con unha fotografía da informante, María de Fetós, na XIII Edición da Bienal de Fotografía Etnográfica ENTREAMIGOS do Museo do Pobo Galego no ano 2025.

Persoal do arquivo: Editar elemento