Entrevista a Manuel González

Entrevista a Manuel González.

Id: 3582
Coleccion: Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARI)
Ano de recolla: 2023
Concello: Noia.
Informantes: - González Videla, Manuel "Manolo de Roque"

[thumbnail of Entrevista a Manuel González] Vídeo (Entrevista a Manuel González)
MPG_CaRi_0008_B_id3582.mp4 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (323MB)
[thumbnail of Ficha de contexto, transcrición e fotografías] Texto (Ficha de contexto, transcrición e fotografías)
MPG_CaRi_0008_B_id3582_D.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (406kB)
[thumbnail of Ficha de fotografías antigas] Texto (Ficha de fotografías antigas)
MPG_CaRi_0008_B_id3582_D2.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (522kB)

Resumo / Descrición

Vídeo editado das entrevistas realizadas a mestres carpinteiros de ribeira para o Proxecto de Rexistro e salvagarda do conxunto dos saberes patrimoniais arredor da carpintaría de ribeira (SI-2023-0245.INT) da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, adxudicado á Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARI).

A gravación completa (1:39:01) pode consultarse, de xeito presencial, no Museo do Pobo Galego así como a copia deste vídeo editado en maior resolución.

Palabras chave: carpintería de ribeira ; embarcacións tradicionais
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Entrevista
Áreas de coñecemento: SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Embarcacións
SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Carpintería de ribeira
Colección: Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARI)
Compilador: Asociación Galega de Carpintería de Ribeira, AGALCARI
Autor da recolla: Vigo Rodríguez, Isabel
Informante: González Videla, Manuel "Manolo de Roque"
Lugar de compilación: Noia - Noia (San Martiño) - A Ponte de Traba
Data: 2 novembro 2023
Duración do corte: 10 min.   25 seg.
Data da transcrición do texto: novembro 2023
Transcritor do texto: Vigo Rodríguez, Isabel
Referencia do arquivo principal: MPG_CaRi_0008_B_id3582.mp4
Data de depósito: 10 Xan 2025 13:20
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/3582

Notas da recolla

A entrevista gravouse no domicilio do informante e nela pódense escoitar sons relativos ao fogar como un reloxo de parede ou o timbre da porta. Durante a gravación realizouse unha pausa e utilizáronse dúas cámara de xeito simultáneo.

Notas sobre os informantes

Manuel tiña 76 anos no momento da recolla. Naceu o 25 de abril de 1947. Comezou a traballar antes dos 13 anos e sempre se dedicou á carpintería de ribeira. Durante a súa vida laboral traballou nos estaleiros de Hermida en Noia e no de Lago Abeijón no Freixo, Outes. Tras un accidente laboral, aceptou a incapacidade con 51 anos. Cando a lesión llo permitiu, dedicouse como afeccionado á construción de maquetas de embarcacións tradicionais e de todo tipo, labor coa que continúa na actualidade e que lle proporciona grande satisfacción persoal.

Notas sobre a transcrición do texto

Optouse por unha transcrición estandarizada sen ter en conta a pronuncia das variantes dialectais (gheada, seseo, rotacismo...). Doutra banda, mantivéronse os castelanismos por afastarse a forma estándar do rexistro oral.

Notas xerais

ENTREVISTA REALIZADA POR: Isabel Vigo Rodríguez (APOI - Museo do Pobo Galego)
GRAVACIÓN REALIZADA POR: Fernando Portela (IMACO)
EQUIPO DE GRAVACIÓN: Sony FX6 e Sony A7SIII
ASISTEN Á GRAVACIÓN: Gerardo Triñanes e Lita Places (AGALCARI).

Persoal do arquivo: Editar elemento