FELICIA DE FOFE 13. Cantar do berce

FELICIA DE FOFE 13. Cantar do berce.

Id: 3390
Coleccion: Guillerme Ignacio Costa
Ano de recolla: 2013
Concello: Vilaboa.
Informantes: Insuela Castro, Felicidad "Felicia de Fofe"

[thumbnail of Felicia de Fofe 13] Vídeo (Felicia de Fofe 13)
MPG_IgGui_0002_013_en_0_00_01_id3390.mp4 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (221MB)
[thumbnail of Letra] Texto (Letra)
MPG_IgGui_0002_013_en_0_00_01_id3390_L.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (116kB)

Resumo / Descrición

Cantar para adormentar os meniños/as
Derradeiro dos 13 videos recollidos a Felicia de Fofe. Levan números de identificación #id correlativos neste arquivo: do 3378, 3379, 3380 …ata o 3390

Palabras chave: Arrolo canto de berce
Tipo de rexistro: Musical
Feito rexistrado: Evento
Colección: Guillerme Ignacio Costa
Compilador: Ignacio Costa, Guillerme
Autor da recolla: Ignacio Costa, Guillerme
Informante: Insuela Castro, Felicidad "Felicia de Fofe"
Lugar de compilación: Vilaboa - Vilaboa (San Martiño) - Paredes
Data: 9 abril 2013
Duración do corte: 52 seg.
Soporte orixinal: Outros
Transcritor do texto: Ignacio Costa, Guillerme
Referencia do arquivo principal: MPG_IgGui_0002_013_en_0_00_01_id3390.mp4
Data de depósito: 08 Mar 2024 22:33
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/3390
Datos musicais Refrán
Título: Cantar do berce
Íncipit textual: Duérmete mi niño Oh ron ron e mais oh ron ron
Instrumentación: Voz
Instrumentos: Voz feminina

Notas da recolla

A recolla completa consta de trece vídeos gravados na casa de Felicia en Paredes (Vilaboa-PO), en abril e xuño de 2013. A persoa que propicia a recolla é Benxamín Agulla, fillo de Felicia. A Guillerme Ignacio acompáñao María Menduíña.

Notas sobre os informantes

Felicidad Insuela Castro, nace no ano 1929 no lugar de Fofe, Concello do Covelo, onde o río Tea cruza o Suído, e críase no seo dunha familia humilde. Casa con Antonio Agulla e ao pouco tempo deixa Fofe. Para gañar a vida a familia emigra primeiro a León, onde Antonio traballa na mina, e máis tarde a Alemaña. Ao volveren da emigración establécense na terra de Antonio, Paredes, no Concello de Vilaboa, e alí pasan boa parte das súas vidas. A vida de Felicia non é doada, e ademais da dureza da propia emigración, o matrimonio sofre sucesivas desgrazas, quedando sen dez dos seus trece fillos/as. Ao longo da súa vida, Felicia axúdase do canto, da festa e do bo humor para sobrelevar as penas da vida xa que como dicía ela, “quero rir mellor ca chorar”.
Nos anos noventa diferentes compilador@s aparecen por Fofe, e no 1997 Mercedes Peón leva ás veciñas da parroquia a tocar, cantar e beillar ao programa Luar da TVG, onde Felicia xa destaca botando un desafío con outra veciña. No 2010 o Alalá adícalle un capítulo a Felicia e dende aquelas aínda se fai máis coñecida, compaxinando a atención que nos brinda ás compiladoras coas foliadas e seráns, coas charlas ás que é convidada e coas súas intervencións no programa Luar, que se fan recorrentes ata o propio xaneiro do 2016, ano en que perdemos a Felicia.
Ademais dos contos e recitados, Felicia deixounos romances e parrafeos, cantares do ciclo da vida coma arrolos; do ciclo do ano coma os Reis ou as labradas, e moitos cantares e cantigas do baile comunal, o serán.
Felicia foi unha artista popular con todas as letras, mais temos que ter conta de que esa faceta súa, esa entrega ao seu público foliadeiro, non oculte o enorme papel que tivo como transmisora dese patrimonio que é a tradición oral de Fofe.

Notas sobre a dixitalización

O rexistro de vídeo realizouse cunha cámara dixital CANON e o de audio cun gravador dixital ZOOM. En agosto de 2023 o material foi editado con imovie.

Notas xerais

Uso/ ocasión: Cantar para adormentar os meniños
Algún material destas recollas foi emitido no Recuncho da Palleta do programa Lume na Palleira da Radio Galega Música adicado por Guillerme Ignacio a Felicia de Fofe, emitido o 31 de xaneiro de 2021: https://hearthis.at/guillerme-inacio-costa/20210131-rdp-felicia-de-fofe/

Persoal do arquivo: Editar elemento