FELICIA DE FOFE 10. A falar das labradas.
Id: | 3387 |
Coleccion: | Guillerme Ignacio Costa |
Ano de recolla: | 2013 |
Concello: | Vilaboa. |
Informantes: | - Insuela Castro, Felicidad "Felicia de Fofe" |
Vídeo (Felicia de Fofe 10)
MPG_IgGui_0002_010_en_0_00_01_id3387.mp4 - Arquivo principal Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (204MB) |
Resumo / Descrición
Breve conversa sobre as labradas do millo e o ritual da aña.
Palabras chave: | labradas millo aña |
---|---|
Tipo de rexistro: | Etnográfico xeral |
Feito rexistrado: | Evento |
Colección: | Guillerme Ignacio Costa |
Compilador: | Ignacio Costa, Guillerme |
Autor da recolla: | Ignacio Costa, Guillerme |
Informante: | Insuela Castro, Felicidad "Felicia de Fofe" |
Lugar de compilación: | Vilaboa - Vilaboa (San Martiño) - Paredes |
Data: | 9 abril 2013 |
Duración do corte: | 50 seg. |
Transcritor do texto: | Ignacio Costa, Guillerme |
Referencia do arquivo principal: | MPG_IgGui_0002_010_en_0_00_01_id3387.mp4 |
Data de depósito: | 09 Mar 2024 15:27 |
URI: | http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/3387 |
Notas da recolla
A recolla completa consta de trece vídeos gravados na casa de Felicia en Paredes (Vilaboa-PO), en abril e xuño de 2013. A persoa que propicia a recolla é Benxamín Agulla, fillo de Felicia. A Guillerme Ignacio acompáñao María Menduíña.
Notas sobre os informantes
Felicidad Insuela Castro, nace no ano 1929 no lugar de Fofe, Concello do Covelo, onde o río Tea cruza o Suído, e críase no seo dunha familia humilde. Casa con Antonio Agulla e ao pouco tempo deixa Fofe. Para gañar a vida a familia emigra primeiro a León, onde Antonio traballa na mina, e máis tarde a Alemaña. Ao volveren da emigración establécense na terra de Antonio, Paredes, no Concello de Vilaboa, e alí pasan boa parte das súas vidas. A vida de Felicia non é doada, e ademais da dureza da propia emigración, o matrimonio sofre sucesivas desgrazas, quedando sen dez dos seus trece fillos/as. Ao longo da súa vida, Felicia axúdase do canto, da festa e do bo humor para sobrelevar as penas da vida xa que como dicía ela, “quero rir mellor ca chorar”.
Nos anos noventa diferentes compilador@s aparecen por Fofe, e no 1997 Mercedes Peón leva ás veciñas da parroquia a tocar, cantar e beillar ao programa Luar da TVG, onde Felicia xa destaca botando un desafío con outra veciña. No 2010 o Alalá adícalle un capítulo a Felicia e dende aquelas aínda se fai máis coñecida, compaxinando a atención que nos brinda ás compiladoras coas foliadas e seráns, coas charlas ás que é convidada e coas súas intervencións no programa Luar, que se fan recorrentes ata o propio xaneiro do 2016, ano en que perdemos a Felicia.
Ademais dos contos e recitados, Felicia deixounos romances e parrafeos, cantares do ciclo da vida coma arrolos; do ciclo do ano coma os Reis ou as labradas, e moitos cantares e cantigas do baile comunal, o serán.
Felicia foi unha artista popular con todas as letras, mais temos que ter conta de que esa faceta súa, esa entrega ao seu público foliadeiro, non oculte o enorme papel que tivo como transmisora dese patrimonio que é a tradición oral de Fofe.
Notas sobre a dixitalización
O rexistro de vídeo realizouse cunha cámara dixital CANON e o de audio cun gravador dixital ZOOM. En agosto de 2023 o material foi editado con imovie.
Notas xerais
-Algún material destas recollas foi emitido no Recuncho da Palleta do programa Lume na Palleira da Radio Galega Música adicado por Guillerme Ignacio a Felicia de Fofe, emitido o 31 de xaneiro de 2021: https://hearthis.at/guillerme-inacio-costa/20210131-rdp-felicia-de-fofe/
Persoal do arquivo: | Editar elemento |