FELICIA DE FOFE 8. Parrafeo. (I-antr'a silva, silvareira)

FELICIA DE FOFE 8. Parrafeo. (I-antr'a silva, silvareira).

Id: 3385
Coleccion: Guillerme Ignacio Costa
Ano de recolla: 2013
Concello: Vilaboa.
Informantes: Insuela Castro, Felicidad "Felicia de Fofe"

[thumbnail of Felicia de Fofe 8] Vídeo (Felicia de Fofe 8)
MPG_IgGui_0002_008_en_0_00_01_id3385.mp4 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (436MB)
[thumbnail of Texto (Letra)] Texto (Texto (Letra))
MPG_IgGui_0002_008_en_0_00_01_id3385_L.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (124kB)

Resumo / Descrición

Canto narrativo.

Vídeo 8º dos 13 recollidos a Felicia de Fofe. Levan números de identificación #id correlativos neste arquivo: do 3378, 3379, 3380 …ata o 3390

Palabras chave: canto narrativo
Tipo de rexistro: Musical
Feito rexistrado: Evento
Colección: Guillerme Ignacio Costa
Compilador: Ignacio Costa, Guillerme
Autor da recolla: Ignacio Costa, Guillerme
Informante: Insuela Castro, Felicidad "Felicia de Fofe"
Lugar de compilación: Vilaboa - Vilaboa (San Martiño) - Paredes
Data: 18 xuño 2013
Duración do corte: 2 min.   42 seg.
Transcritor do texto: Ignacio Costa, Guillerme
Referencia do arquivo principal: MPG_IgGui_0002_008_en_0_00_01_id3385.mp4
Data de depósito: 09 Mar 2024 15:28
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/3385
Datos musicais Refrán
Título: I-antr´a silva, silvareira
Íncipit textual: I-antr´a silva, silvareira
Instrumentación: Voz
Instrumentos: Voz feminina

Notas da recolla

A recolla completa consta de trece vídeos gravados na casa de Felicia en Paredes (Vilaboa-PO), en abril e xuño de 2013. A persoa que propicia a recolla é Benxamín Agulla, fillo de Felicia. A Guillerme Ignacio acompáñao María Menduíña.

Notas sobre os informantes

Felicidad Insuela Castro, nace no ano 1929 no lugar de Fofe, Concello do Covelo, onde o río Tea cruza o Suído, e críase no seo dunha familia humilde. Casa con Antonio Agulla e ao pouco tempo deixa Fofe. Para gañar a vida a familia emigra primeiro a León, onde Antonio traballa na mina, e máis tarde a Alemaña. Ao volveren da emigración establécense na terra de Antonio, Paredes, no Concello de Vilaboa, e alí pasan boa parte das súas vidas. A vida de Felicia non é doada, e ademais da dureza da propia emigración, o matrimonio sofre sucesivas desgrazas, quedando sen dez dos seus trece fillos/as. Ao longo da súa vida, Felicia axúdase do canto, da festa e do bo humor para sobrelevar as penas da vida xa que como dicía ela, “quero rir mellor ca chorar”.
Nos anos noventa diferentes compilador@s aparecen por Fofe, e no 1997 Mercedes Peón leva ás veciñas da parroquia a tocar, cantar e beillar ao programa Luar da TVG, onde Felicia xa destaca botando un desafío con outra veciña. No 2010 o Alalá adícalle un capítulo a Felicia e dende aquelas aínda se fai máis coñecida, compaxinando a atención que nos brinda ás compiladoras coas foliadas e seráns, coas charlas ás que é convidada e coas súas intervencións no programa Luar, que se fan recorrentes ata o propio xaneiro do 2016, ano en que perdemos a Felicia.
Ademais dos contos e recitados, Felicia deixounos romances e parrafeos, cantares do ciclo da vida coma arrolos; do ciclo do ano coma os Reis ou as labradas, e moitos cantares e cantigas do baile comunal, o serán.
Felicia foi unha artista popular con todas as letras, mais temos que ter conta de que esa faceta súa, esa entrega ao seu público foliadeiro, non oculte o enorme papel que tivo como transmisora dese patrimonio que é a tradición oral de Fofe.

Notas sobre a dixitalización

O rexistro de vídeo realizouse cunha cámara dixital CANON e o de audio cun gravador dixital ZOOM. En agosto de 2023 o material foi editado con imovie.

Notas sobre o texto

É un dos múltiples cantares narrativos do repertorio de Felicia Insuela.
Chama a atención a letra, en galego con algúns lusismos (menina, copo).

Notas xerais

Algún material destas recollas foi emitido no Recuncho da Palleta do programa Lume na Palleira da Radio Galega Música adicado por Guillerme Ignacio a Felicia de Fofe, emitido o 31 de xaneiro de 2021: https://hearthis.at/guillerme-inacio-costa/20210131-rdp-felicia-de-fofe/

Persoal do arquivo: Editar elemento