FELICIA DE FOFE 8. Parrafeo. (I-antr'a silva, silvareira).
Id: | 3385 |
Coleccion: | Guillerme Ignacio Costa |
Ano de recolla: | 2013 |
Concello: | Vilaboa. |
Informantes: | - Insuela Castro, Felicidad "Felicia de Fofe" |
Vídeo (Felicia de Fofe 8)
MPG_IgGui_0002_008_en_0_00_01_id3385.mp4 - Arquivo principal Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (436MB) |
|
Texto (Texto (Letra))
MPG_IgGui_0002_008_en_0_00_01_id3385_L.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (124kB) |
Resumo / Descrición
Canto narrativo.
Vídeo 8º dos 13 recollidos a Felicia de Fofe. Levan números de identificación #id correlativos neste arquivo: do 3378, 3379, 3380 …ata o 3390
Palabras chave: | canto narrativo |
---|---|
Tipo de rexistro: | Musical |
Feito rexistrado: | Evento |
Colección: | Guillerme Ignacio Costa |
Compilador: | Ignacio Costa, Guillerme |
Autor da recolla: | Ignacio Costa, Guillerme |
Informante: | Insuela Castro, Felicidad "Felicia de Fofe" |
Lugar de compilación: | Vilaboa - Vilaboa (San Martiño) - Paredes |
Data: | 18 xuño 2013 |
Duración do corte: | 2 min. 42 seg. |
Transcritor do texto: | Ignacio Costa, Guillerme |
Referencia do arquivo principal: | MPG_IgGui_0002_008_en_0_00_01_id3385.mp4 |
Data de depósito: | 09 Mar 2024 15:28 |
URI: | http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/3385 |
Datos musicais | Refrán | |
---|---|---|
Título: | I-antr´a silva, silvareira | |
Íncipit textual: | I-antr´a silva, silvareira | |
Instrumentación: | Voz | |
Instrumentos: | Voz feminina |
Notas da recolla
A recolla completa consta de trece vídeos gravados na casa de Felicia en Paredes (Vilaboa-PO), en abril e xuño de 2013. A persoa que propicia a recolla é Benxamín Agulla, fillo de Felicia. A Guillerme Ignacio acompáñao María Menduíña.
Notas sobre os informantes
Felicidad Insuela Castro, nace no ano 1929 no lugar de Fofe, Concello do Covelo, onde o río Tea cruza o Suído, e críase no seo dunha familia humilde. Casa con Antonio Agulla e ao pouco tempo deixa Fofe. Para gañar a vida a familia emigra primeiro a León, onde Antonio traballa na mina, e máis tarde a Alemaña. Ao volveren da emigración establécense na terra de Antonio, Paredes, no Concello de Vilaboa, e alí pasan boa parte das súas vidas. A vida de Felicia non é doada, e ademais da dureza da propia emigración, o matrimonio sofre sucesivas desgrazas, quedando sen dez dos seus trece fillos/as. Ao longo da súa vida, Felicia axúdase do canto, da festa e do bo humor para sobrelevar as penas da vida xa que como dicía ela, “quero rir mellor ca chorar”.
Nos anos noventa diferentes compilador@s aparecen por Fofe, e no 1997 Mercedes Peón leva ás veciñas da parroquia a tocar, cantar e beillar ao programa Luar da TVG, onde Felicia xa destaca botando un desafío con outra veciña. No 2010 o Alalá adícalle un capítulo a Felicia e dende aquelas aínda se fai máis coñecida, compaxinando a atención que nos brinda ás compiladoras coas foliadas e seráns, coas charlas ás que é convidada e coas súas intervencións no programa Luar, que se fan recorrentes ata o propio xaneiro do 2016, ano en que perdemos a Felicia.
Ademais dos contos e recitados, Felicia deixounos romances e parrafeos, cantares do ciclo da vida coma arrolos; do ciclo do ano coma os Reis ou as labradas, e moitos cantares e cantigas do baile comunal, o serán.
Felicia foi unha artista popular con todas as letras, mais temos que ter conta de que esa faceta súa, esa entrega ao seu público foliadeiro, non oculte o enorme papel que tivo como transmisora dese patrimonio que é a tradición oral de Fofe.
Notas sobre a dixitalización
O rexistro de vídeo realizouse cunha cámara dixital CANON e o de audio cun gravador dixital ZOOM. En agosto de 2023 o material foi editado con imovie.
Notas sobre o texto
É un dos múltiples cantares narrativos do repertorio de Felicia Insuela.
Chama a atención a letra, en galego con algúns lusismos (menina, copo).
Notas xerais
Algún material destas recollas foi emitido no Recuncho da Palleta do programa Lume na Palleira da Radio Galega Música adicado por Guillerme Ignacio a Felicia de Fofe, emitido o 31 de xaneiro de 2021: https://hearthis.at/guillerme-inacio-costa/20210131-rdp-felicia-de-fofe/
Persoal do arquivo: | Editar elemento |