Xota.
| Id: | 319 | 
| Coleccion: | Baldomero Iglesias (Mero) | 
| Ano de recolla: | 1983 | 
| Concello: | Mesía. | 
| Informantes: | - Descoñecido | 
| ![[thumbnail of MPG_IgBa_0001_011_en_0_15_21_id319.mp3]](/style/images/fileicons/audio.png) | Audio MPG_IgBa_0001_011_en_0_15_21_id319.mp3 - Arquivo principal Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (1MB) | Vista previa | 
| Tipo de rexistro: | Musical | 
|---|---|
| Feito rexistrado: | Evento | 
| Áreas de coñecemento: | FESTAS DANZAS | 
| Colección: | Baldomero Iglesias (Mero) | 
| Compilador: | Iglesias Dobarrio, Baldomero | 
| Informante: | Descoñecido | 
| Lugar de compilación: | Mesía - Olas | 
| Data: | 13 xuño 1983 | 
| Duración do corte: | 1 min. 3 seg. | 
| Soporte orixinal: | Casete | 
| Data de dixitalización: | 2006 | 
| Dixitalizador: | Martínez, César | 
| Referencia do arquivo principal: | MPG_IgBa_0001_011_en_0_15_21_id319 | 
| Data de depósito: | 12 Ago 2015 14:29 | 
| URI: | http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/319 | 
| Datos musicais | Refrán | |
|---|---|---|
| Xénero: | Xota | |
| Instrumentación: | Instrumento, Percusión | |
| Instrumentos: | Harmónica, Pandeira | |
| Modo de interpretación: | Tempo giusto | 
Notas da recolla
A peza está gravada no San Antonio do ano 1983 (festa que se celebra o 13 de xuño, entre as Parroquias de Olas-Mesía e Abellá-Frades). É unha romaría de campo, con xantares e merendas, onde van aínda familias enteiras e veciños e bailan por grupos mentres os músicos –gaiteiros, acordeonistas, pandereteiras, etc.- interpretan pezas. Nesta ocasión non sei quen son os intérpretes, anque lembro tocando a harmónica a un señor de Abellá que era loiro de pelo e moi aficionado á música, seguramente era el acompañado á pandeira por un veciño.
O que interpretan parte dunha xota “aragonesa” que por aquí se cantaba en galego coa letra: "Tanta laranxa, laranxa / tanto limón polo chan / tanta rapaza bonita / sen lle poder poñer man". A esa música inicial engádenlle outras variacións: "Si te quieres casar / con las chicas de aquí, / tienes que ir a buscar / capital a Madrid". E siguen coa "Foliada da navalla": "Hai que afiala / hai que afiala / a navalla de Pepe / non corta nada", e aqueloutra de : "Ai, se queres aquí, aquí-e / ai, se queres alá, alá-e / ai, se queres na túa casa / ai, na túa casa serai-e".
| Persoal do arquivo: | Editar elemento | 
 
         
         
		    