Festa do Cristo en Laza. Debate do mouro e o cristián

Xosé Manuel González Reboredo (2010) (Laza). Festa do Cristo en Laza. Debate do mouro e o cristián.

[img] Audio (Son do sacrificio de Isaac e debate entre o mouro e o cristián na Festa do Cristo)
MPG_ReXM_00017_001_en_0_00_01B_id28.mp3 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.

Descargar (2MB) | Vista previa
[img]
Vista previa
Texto (Ficha de transcrición do texto, contexto etnográfico e colección de fotografías)
MPG_ReXM_0017_001_en_0_00_01_B_id28_D.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.

Descargar (990kB) | Vista previa
[img]
Vista previa
Imaxe (Laza, 2-V-2010. Os dous primeiros danzantes, que levan espadas, son os que representarán os papeis de mouro (o da esquerda) e cristián(o da dereita) ao final da procesión (foto de X. M. González Reboredo).)
MPG_ReXM_0017_001_en_0_00_01_B_id28_I01.jpg - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.

Descargar (150kB) | Vista previa
[img]
Vista previa
Imaxe (Laza, 2-V-2010. Os danzantes diante da porta principal da igrexa parroquial, instantes antes de comezar a breve disputa entre o mouro e o cristián (foto de X. M. González Reboredo))
MPG_ReXM_0017_001_en_0_00_01_B_id28_I02.jpg - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.

Descargar (249kB) | Vista previa

Resumo / Descrición

A procesión do Cristo, ou da Santa Cruz, é un acto que concentra diversos compoñentes relevantes da festividade. Nela participan as figuras de Adán e Eva, así como as de Abraham, Isaac e un Anxo. Tamén figura no cortexo un ramo no que se coloca unha bica-- doce festivo típico de varias comarcas de Galiza—e un galo, ademais dunha danza formada por seis danzantes varóns que calzan zapatos negros e visten medias, pantalón, camisa e boina brancas, xunto cunha faixa roxa e unha banda azul. Os dous primeiros levan espadas mentres que os restantes usan castañolas para acompañar o ritmo da danza.
Os personaxes bíblicos antes citados interpretan os seus papeis en distintos momentos da procesión, e a danza actúa reiteradamente ao ritmo dunha melodía interpretada por gaiteiros, bombo e tamboril. Ao final do percorrido, xa á porta da igrexa parroquial, é cando os danzantes forman en dúas ringleiras de a tres e os dous primeiros, que fan respectivamente de mouro e cristián, representan un breve diálogo en lingua castelá—o que indica a súa orixe foránea ou culta-- e acaban loitando, con vitoria do cristián e arrepentimento do mouro vencido.

Palabras chave: Festas, Santa Cruz, maio, mouros, cristiáns,
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Evento
Áreas de coñecemento: FESTAS
FESTAS > Festas patronais, de devoción local e sectoriais
LITERATURA E DITOS POPULARES > Teatro
Colección: Xosé Manuel González Reboredo
Compilador: González Reboredo, Xosé Manuel
Autor da recolla: González Reboredo, Xosé Manuel
Informantes / Grupo: Veciños de Laza
Lugar de compilación: Laza - San Xoán de Laza - Laza
Data de compilación: 2 maio 2010
Soporte orixinal: Casete
Referencia do arquivo principal: MPG_ReXM_0017_001_en_0_00_01_B_id28
Data de depósito: 12 Maio 2016 17:01
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/28
Persoal do arquivo: Editar elemento