Muller miña, non bebas máis viño

Xosé Luís Rivas (Mini) (1975) (Sober). Muller miña, non bebas máis viño. [, Marcelino [et al.]]

[img] Audio
MPG_RiXo_0002_013_en_0_25_14_id277.mp3 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.

Descargar (4MB) | Vista previa
[img]
Vista previa
Texto (Letra)
MPG_RiXo_0002_013_en_0_25_14_id277_L.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial.

Descargar (159kB) | Vista previa
Tipo de rexistro: Musical
Feito rexistrado: Evento
Áreas de coñecemento: LITERATURA E DITOS POPULARES > Coplas
Colección: Xosé Luís Rivas (Mini)
Compilador: Rivas, Xosé Luís
Informante: , Marcelino [et al.]
Lugar de compilación: Sober - Proendos - Pena, A
Data de compilación: xaneiro 1975
Duración do corte: 2 min.   55 seg.
Soporte orixinal: Casete
Data de dixitalización: 2008
Dixitalizador: Martínez, César
Transcritor do texto: Rivas, Xosé Luís
Referencia do arquivo principal: MPG_RiXo_0002_013_en_0_25_14_id277
Data de depósito: 06 Aug 2015 14:16
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/277
Datos musicais Refrán
Íncipit textual: Muller miña, non bebas máis viño
Instrumentación: Voz
Instrumentos: Voces mixtas
Modo de interpretación: Tempo giusto

Notas da recolla

A recolla está feita na casa do señor Marcelino. Eran moi aficionados a cantar. Xente hospitalaria onde os haxa, de portas abertas e amigos de compartir e da farra. Sabían cantar a dúas voces, semella coma se houbesen estado nun coro, e de certo que tiven coñecemento da existencia dalgún ó tempo que a banda de música.
Moitas das cancións son sospeitosas de seren composicións ou adaptacións para corais. Algunhas das cuartetas que cantan pertencen a zonas tan alonxadas coma Cances, que está nas proximidades de Carballo, provincia de A Coruña.
É de resaltar que Sober é terra de músicos dende hai moito tempo. Moito atrás desta recolla, antes da guerra civil, tiña banda de música de moita sona, biblioteca pública, agrupación galeguista, e toda a zona de Monforte era rica en asociacionismo e sindicalismo, polo nó ferroviario e pola sona dos viños de Amandi. A represión franquista foi moi forte. Foron terras do maquis, de feito en plenos anos 70, no Partido Único esa zona era considerada “roxa”. O Piloto tiña bases e casa de acubillo aí. (Xosé Luís Rivas).

Persoal do arquivo: Editar elemento