O culto á morte. A muller como eixo do culto aos defuntos

O culto á morte. A muller como eixo do culto aos defuntos.

Id: 3688
Coleccion: Rosa García-Orellán
Ano de recolla: 1998
Concello: Ribeira.
Informantes: - Don Alejandro

[thumbnail of Don Alejandro] Audio (Don Alejandro)
MPG_GaRo_0008_001_en_0_00_06.mp3 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (17MB)
[thumbnail of Don Alejandro] Texto (Don Alejandro)
MPG_GaRo_0008_001_en_0_00_06_D.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (246kB)

Resumo / Descrición

A primeira parte da entrevista trata sobre a visión do culto á morte dende a perspectiva do sacerdote. E na segunda, fálase da muller como eixo central do culto aos defuntos.

Palabras chave: cemiterio cementerio velorio velatorio mortos defuntos misas muller mulleres matriarcado sacerdote cura
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Evento
Áreas de coñecemento: SOCIEDADE > As idades da vida. Nacemento, casamento e morte
SOCIEDADE > Os roles de xénero. Mulleres e homes
Colección: Rosa García-Orellán
Compilador: García-Orellán, Rosa
Autor da recolla: García-Orellán, Rosa
Informante: Don Alejandro
Lugar de compilación: Ribeira - Carreira (San Paio) - Frións
Data: 24 xullo 1998
Duración do corte: 12 min.   55 seg.
Soporte orixinal: Casete
Referencia do arquivo principal: MPG_GaRo_0008_001_en_0_00_01.mp3
Data de depósito: 29 Junio 2026 15:19
URI: https://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/3688

Notas da recolla

Nota da recolla achegada pola compiladora:
No funeral de Xenuca, en Carreira, dinme que é interesante de que fale co cura de Frións Don Alejandro. Son as oito da tarde, cando a investigadora está en Frións preguntando polo cura e dirixíndome a súa capela. El, estaba sentado na porta cunha muller, ten uns setenta anos. Así que pronto me dou conta que este cura non é o vello con que eu quero falar, pero diríxome a el. Imos á sancristía, eu preséntome dicindo que estou traballando para unha tese de antropoloxía do tema da morte, abarcando dende historias de vida, no seu contexto de globalidade individual e así encóntrome con persoas que teñen albiscado outras: uns ven a Santa Compaña, outros teñen unha relación moi directa sobre todo se son mulleres, xa que son as que máis participan no culto dos mortos da súa familia.

Notas sobre os informantes

Don Alejandro era o cura de Frións, tiña 62 anos no momento da recollida.

Notas sobre a transcrición do texto

A transcrición foi realizada pola compiladora e revisada polo persoal do APOI. Respectouse a pronuncia da persoa e as palabras e expresións coloquiais transcribíronse tal e como foron ditas.

Notas xerais

A presente entrevista forma parte das efectuadas pola antropóloga Dra. Rosa García Orellán como parte do traballo de campo da súa tese de doutoramento. As entrevistas foron estudadas e empregadas na elaboración de dito traballo pero este material pode ser analizado en moitos outros contextos. A Dra. García Orellán cedeu as súas gravacións orixinais en casete e as transcricións que ela mesma fixera do seu contido ao APOI para que poidan ser compartidas con outras persoas interesadas.

GARCÍA ORELLÁN, Rosa (2001): Hacia el encuentro de mi antrophos: la muerte dínamo estructural de la vida. Bilbao. Ed. Universidad del País Vasco.

Persoal do arquivo: Editar elemento