Maruxa do Rueiro 4/4. Rituais arredor da morte. Do viático á volta do cemiterio

Maruxa do Rueiro 4/4. Rituais arredor da morte. Do viático á volta do cemiterio.

Id: 3682
Coleccion: Rosa García-Orellán
Ano de recolla: 1998
Concello: Ribeira.
Informantes: - Maruxa do Rueiro

[thumbnail of Maruxa do Rueiro 4/4] Audio (Maruxa do Rueiro 4/4)
MPG_GaRo_0008_005_en_0_44_18.mp3 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (45MB)
[thumbnail of Maruxa do Rueiro 4/4] Texto (Maruxa do Rueiro 4/4)
MPG_GaRo_0008_005_en_0_44_18_D.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (334kB)

Resumo / Descrición

Esta é a parte 4/4 da entrevista a María do Rueiro. O groso da conversa xira arredor da morte e as visións de mortos. Incidentalmente aparecen outros temas, como a recollida de argazo, unha actividade agro-marítima; ou as melloras nas comunicacións e na difusión de xornais nos anos sesenta, e seguintes, do século XX.
• Parte 1 (MPG_GaRo_0008_002_en_0_12_57.mp3; id 3679)
Os rezos polos defuntos. O cristianismo e a crenza do pobo.
• Parte 2 (MPG_GaRo_0008_003_en_0_23_52.mp3; id 3680)
A premonición da morte a través dos soños
• Parte 3 (MPG_GaRo_0008_004_en_0_35_46.mp3; id 3681)
A chegada do coche de liña e a confusión ca compaña.
• Parte 4 (MPG_GaRo_0008_005_en_0_44_18.mp3; id 3682)
Rituais arredor da morte. Do viático á volta do cemiterio.

Palabras chave: difuntos defuntos misas adevisas visión premonición morte argazo viático Santa Compaña cemiterio cemeterio funerais loito luto
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Relato
Colección: Rosa García-Orellán
Compilador: García-Orellán, Rosa
Autor da recolla: García-Orellán, Rosa
Informante: Maruxa do Rueiro
Lugar de compilación: Ribeira - Olveira (Santa María) - Bretal
Data: 27 xullo 1998
Duración do corte: 33 min.   12 seg.
Soporte orixinal: Outros
Referencia do arquivo principal: MPG_GaRo_0008_005_en_0_44_18.mp3
Data de depósito: 29 Junio 2026 15:18
URI: https://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/3682

Notas da recolla

Nota da recolla achegada pola compiladora: Maruxa é unha muller que vivía cerca da casa de Pérez, era costureira cando estaba solteira, e eu recordo de pequena de andar pola súa casa. O seu pai andou a navegar, e o seu marido tamén. Gañou ben de cartos nas perforadoras e ela aforrounos. Fixeron a casa onde están vivindo agora, que é de tres plantas e con moita capacidade; e tamén teñen o bar, frecuentado por moita xuventude. O seu marido está traballando no bar e ten dúas fillas: unha estudando maxisterio e a outra medicina. Son rapazas moi traballadoras e parece ser que sacan boas notas, algo anecdótico aquí na aldea, pois a maioría da xuventude que está fóra estudando anda con expediente, polo que di a xente, moi baixos.

Notas sobre os informantes

María naceu en Bretal en 1945, tiña 53 anos no momento da recollida. Foi costureira e rexentaba un bar.

Notas sobre a transcrición do texto

A transcrición foi realizada pola compiladora e revisada polo persoal do APOI. Respectouse a pronuncia da persoa e as palabras e expresións coloquiais transcribíronse tal e como foron ditas.

Notas xerais

A presente entrevista forma parte das efectuadas pola antropóloga Dra. Rosa García Orellán como parte do traballo de campo da súa tese de doutoramento. As entrevistas foron estudadas e empregadas na elaboración de dito traballo pero este material pode ser analizado en moitos outros contextos. A Dra. García Orellán cedeu as súas gravacións orixinais en casete e as transcricións que ela mesma fixera do seu contido ao APOI para que poidan ser compartidas con outras persoas interesadas.

BIBLIOGRAFÍA
GARCÍA ORELLÁN, Rosa (2001): Hacia el encuentro de mi antrophos: la muerte dínamo estructural de la vida. Bilbao. Ed. Universidad del País Vasco

Persoal do arquivo: Editar elemento