A NOSA TRADICIÓN ORAL 17. O QUE SE CASE COMIGHO

A NOSA TRADICIÓN ORAL 17. O QUE SE CASE COMIGHO.

Id: 686
Coleccion: Fondos propios do Museo do Pobo Galego. A nosa tradición oral
Ano de recolla: 1994
Concello: Catoira.
Informantes: - Bejo Carril, Ramona

[thumbnail of Parrafeo de namorados] Audio (Parrafeo de namorados)
MPG_TrOr_0041_030_en_0_56_50_id686.mp3 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (1MB)
[thumbnail of Datos e transcrición] Texto (Datos e transcrición)
MPG_TrOr_0041_030_en_0_56_50_id686_D.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (166kB)
Palabras chave: Parrafeo desafío namorados romance Herbón
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Relato
Áreas de coñecemento: LITERATURA E DITOS POPULARES > Narrativa > Contos
Colección: Fondos propios do Museo do Pobo Galego. A nosa tradición oral
Compilador: Brea Rey, Xosé Ramón e Conde Coira, Pilar
Autor da recolla: Rodríguez Castiñeiras, Teresa
Informante: Bejo Carril, Ramona
Lugar de compilación: Catoira - Catoira - A Corredoira
Data: 7 decembro 1994
Duración do corte: 1 min.   22 seg.
Soporte orixinal: Casete
Data de dixitalización: 2018
Dixitalizador: Cerdeira, Francisco
Data da transcrición do texto: decembro 2020
Transcritor do texto: Vigo Rodríguez, Isabel
Referencia do arquivo principal: MPG_TrOr_0041_030_en_0_56_50_id686.mp3
Data de depósito: 24 Ago 2021 19:05
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/686

Notas sobre os informantes

Ramona tiña 86 anos no momento da recolla, naceu o 22 de decembro de 1907 no lugar de Coaxe.

Notas sobre o texto

Clasificación: Romances amatorios

Notas xerais

En 1994, o Museo do Pobo Galego presentou á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria un proxecto sobre a tradición oral, a desenvolver a través da escola. O programa comprendía dúas fases: un curso teórico previo para os profesores, e o traballo de campo, a realizar ao longo do ano escolar. A actividade, homologada pola Consellería, iniciouse coas sesións teóricas, celebradas entre o 7 e o 10 de novembro de 1994 nas dependencias do Museo. Durante os meses de novembro do 94 a maio do 95 desenvolveuse o traballo de campo, no que participaron profesores e alumnos de 24 institutos das provincias de A Coruña e Pontevedra. No ano 1995 realizouse a ordenación e clasificación da información recollida, de xeito que permitira o estudio, selección e elaboración de materiais para a confección dunha guía didáctica (publicada no 1996 polo Museo) e a formación dunha base de datos para fins de investigación conservada no APOI. (Referencia: A NOSA TRADICIÓN ORAL. Museo do Pobo Galego, 1996). A publicación constaba dun folleto e unha cinta magnetofónica, que reproducía unicamente unha breve selección das gravacións efectuadas por alumnos de centros escolares da Coruña e Pontevedra na fase de traballo de campo do programa Recupera-la tradición oral: un proxecto interactivo museo-escola.

Persoal do arquivo: Editar elemento