O MAR 7.4. ACCIDENTES E NAUFRAXIOS.
Id: | 646 |
Coleccion: | Santos- Villaverde SaVi |
Ano de recolla: | 1992 |
Concello: | Moaña. |
Informantes: | - Bernárdez Villaverde, Antonio José |
Audio (Entrevista)
MPG_SaVi_0007_004_en_0_27_03_id646.mp3 - Arquivo principal Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (11MB) |
|
Texto (Documento de transcrición e análise)
MPG_SaVi_0007_004_en_0_27_03_id646_D.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (184kB) |
Resumo / Descrición
Esta ficha recolle o cuarto corte dos que se divide a sétima das 11 entrevistas realizadas a Antonio José Bernárdez Villaverde por Xosé C. Villaverde Román durante o verán de 1992 na zona de Moaña.
O informante fala de diferentes naufraxios producidos na Costa da Vela.
Palabras chave: | mar , mariñeiro , pesca , néboa , naufraxio , Costa da Vela , boliche , Moaña , Cangas , pistón , cruz , marusía , barco |
---|---|
Tipo de rexistro: | Etnográfico xeral |
Feito rexistrado: | Entrevista |
Áreas de coñecemento: | SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Saberes sobre o mar e o peixe |
Colección: | Santos- Villaverde SaVi |
Compilador: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
Autor da recolla: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
Informante: | Bernárdez Villaverde, Antonio José |
Lugar de compilación: | Moaña - O Carmen - O Carmen |
Data: | 7 agosto 1992 |
Duración do corte: | 12 min. 4 seg. |
Soporte orixinal: | Casete |
Transcritor do texto: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
Referencia do arquivo principal: | MPG_SaVi_0007_004_en_0_27_03_id646.mp3 |
Data de depósito: | 04 Xull 2021 16:21 |
URI: | http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/646 |
Notas da recolla
No verán de 1992 Xosé C. Villaverde Román realizou unha serie de entrevistas na zona de Moaña. O obxectivo era recopilar información de primeira man a través de fontes orais sobre os traballos e a vida cotiá no mar en Galicia de cara a publicación dun libro que levaría por título “O mundo do mar segundo a tradición oral”. Os traballos supuxeron todo un exercicio de memoria viva, recopilando unha valiosa información sobre saberes tradicionais do mundo do mar de man das propias persoas protagonistas. O libro nunca se chegou a publicar, non obstante as gravacións orixinais recollidas forman agora parte do APOI, que dispón de tódalas entrevistas realizadas, así como das transcricións e das análises das mesmas feitas e revisadas polos propios compiladores.
Na sede do APOI no Museo do Pobo Galego poden escoitarse as entrevistas completas. Nós eleximos presentar na rede as editadas (revisadas e cortadas en varias partes) polo propio compilador para optimizar o traballo de busca
Notas sobre os informantes
O informante, Antonio José Bernárdez Villaverde foi armador dun barco que se chamaba “María del Carmen”. Coñecido polo seu nome de pila e alcume: Pepe “Fanico”.
Nas notas da recolla figura a seguinte observación: "Persoa de voz xa gastada. En ocasións nótase cansancio e afonía."
Notas sobre a dixitalización
Este arquivo chegou ao APOI xa dixitalizado,editado en cortes e gravado en CD. Asemade chegaron as cintas casete orixinais de procedencia.
Notas sobre a transcrición do texto
A transcrición fíxose nos 90 e foi revisada no 2021 polo propio compilador e o persoal do APOI.
Respectouse a pronuncia da persoa e as palabras e expresións coloquiais transcribíronse tal cual foron ditas. Nalgúns casos, o compilador introduciu notas a pé para aclarar termos ou expresións, ou ben para aportar algún dato relevante sobre o que se está falando.
As partes nas que non se entende ben o que di o informante están sinaladas con: (?)
Persoal do arquivo: | Editar elemento |