O MAR 4.3. MANTEMENTO DAS EMBARCACIÓNS E DAS REDES

O MAR 4.3. MANTEMENTO DAS EMBARCACIÓNS E DAS REDES.

Id: 627
Coleccion: Santos- Villaverde SaVi
Ano de recolla: 1992
Concello: Moaña.
Informantes: - Bernárdez Villaverde, Antonio José

[thumbnail of Entrevista] Audio (Entrevista)
MPG_SaVi_0004_003_en_0_05_28_id627.mp3
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (4MB)
[thumbnail of Documento de transcrición e análise] Texto (Documento de transcrición e análise)
MPG_SaVi_0004_003_en_0_05_28_id627_D.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (153kB)

Resumo / Descrición

Esta ficha recolle o terceiro corte dos que se divide a cuarta das 11 entrevistas realizadas a Antonio José Bernárdez Villaverde por Xosé C. Villaverde Román durante o verán de 1992 na zona de Moaña.
O informante fala sobre o mantemento das embarcacións e das redes. Entre outras cousas fala das diferencias entre dar alcatrán e dar brea, o proceso de encascado (tinguidura do aparello) e a función das atadeiras neste proceso.

Palabras chave: mar , pesca , mariñeiro , limpeza da embarcación , partilla , alcatrán , brea , secado curado encascado da rede , atadeira , traballo da muller
Tipo de rexistro: Etnográfico xeral
Feito rexistrado: Entrevista
Áreas de coñecemento: SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Embarcacións
SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Artes de pesca
SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Saberes sobre o mar e o peixe
SOCIEDADE > Os roles de xénero. Mulleres e homes
Colección: Santos- Villaverde SaVi
Compilador: Villaverde Román, Xosé Carlos
Autor da recolla: Villaverde Román, Xosé Carlos
Informante: Bernárdez Villaverde, Antonio José
Lugar de compilación: Moaña - O Carmen - O Carmen
Data: 24 xullo 1992
Duración do corte: 5 min.   8 seg.
Soporte orixinal: Casete
Transcritor do texto: Villaverde Román, Xosé Carlos
Referencia do arquivo principal: MPG_SaVi_0004_003_en_0_05_28_id627.mp3
Data de depósito: 02 Xull 2021 11:13
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/627

Notas da recolla

No verán de 1992 Xosé C. Villaverde Román realizou unha serie de entrevistas na zona de Moaña. O obxectivo era recopilar información de primeira man a través de fontes orais sobre os traballos e a vida cotiá no mar en Galicia de cara a publicación dun libro que levaría por título “O mundo do mar segundo a tradición oral”. Os traballos supuxeron todo un exercicio de memoria viva, recopilando unha valiosa información sobre saberes tradicionais do mundo do mar de man das propias persoas protagonistas. O libro nunca se chegou a publicar, non obstante as gravacións orixinais recollidas forman agora parte do APOI, que dispón de tódalas entrevistas realizadas, así como das transcricións e das análises das mesmas feitas e revisadas polos propios compiladores.
Na sede do APOI no Museo do Pobo Galego poden escoitarse as entrevistas completas. Nós eleximos presentar na rede as editadas (revisadas e cortadas en varias partes) polo propio compilador para optimizar o traballo de busca.

Notas sobre os informantes

O informante, Antonio José Bernárdez Villaverde foi armador dun barco que se chamaba “María del Carmen”. Coñecido polo seu nome de pila e alcume: Pepe “Fanico”.
Nas notas da recolla figura a seguinte observación: "Persoa de voz xa gastada. En ocasións nótase cansancio e afonía."

Notas sobre a dixitalización

Este arquivo chegou ao APOI xa dixitalizado,editado en cortes e gravado en CD. Asemade chegaron as cintas casete orixinais de procedencia.

Notas sobre a transcrición do texto

A transcrición fíxose nos 90 e foi revisada no 2021 polo propio compilador e o persoal do APOI.
Respectouse a pronuncia da persoa e as palabras e expresións coloquiais transcribíronse tal cual foron ditas. Nalgúns casos, o compilador introduciu notas a pé para aclarar termos ou expresións, ou ben para aportar algún dato relevante sobre o que se está falando.
As partes nas que non se entende ben o que di o informante están sinaladas con: (?)

Notas xerais

O informante, Antonio José Bernárdez Villaverde, tamén fala da temática do mantemento das redes no seguinte rexistro: O MAR 3.5. (ID 624)

Persoal do arquivo: Editar elemento