A NOSA TRADICIÓN ORAL 1. OS REICES DAS MOZAS

A NOSA TRADICIÓN ORAL 1. OS REICES DAS MOZAS.

Id: 617
Coleccion: Fondos propios do Museo do Pobo Galego. A nosa tradición oral
Ano de recolla: 1994
Concello: Oroso.
Informantes: - Bello Barreiro, María

[thumbnail of MPG_TrOr_0001_005_en_0_34_30_id617.mp3] Audio
MPG_TrOr_0001_005_en_0_34_30_id617.mp3 - Arquivo principal
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (1MB)
[thumbnail of Datos e transcrición] Texto (Datos e transcrición)
MPG_TrOr_0001_005_en_0_34_30_id617_D.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (178kB)
[thumbnail of Letra] Texto (Letra)
MPG_TrOr_0001_005_en_0_34_30_id617_L.pdf - Material adicional
Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial.

Descargar (154kB)

Resumo / Descrición

Reices das mozas, esa especie de cantigas que adicaban aos mozos dun xeito moi picante ás veces.

Palabras chave: Reices das mozas romance
Tipo de rexistro: Musical
Feito rexistrado: Evento
Áreas de coñecemento: FESTAS > Festas universais do ciclo anual > Nadal
Colección: Fondos propios do Museo do Pobo Galego. A nosa tradición oral
Compilador: San Miguel Montero, Antonio
Autor da recolla: San Miguel Montero, Antonio
Informante: Bello Barreiro, María
Lugar de compilación: Oroso - Pasarelos - San Román
Data: 1994
Soporte orixinal: Casete
Data de dixitalización: 2018
Dixitalizador: Cerdeira, Francisco
Transcritor do texto: Vigo Rodríguez, Isabel
Referencia do arquivo principal: MPG_TrOr_0001_005_en_0_34_30_id617.mp3
Data de depósito: 25 Ago 2021 10:17
URI: http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/617
Datos musicais Refrán

Notas sobre os informantes

María Bello ten 69 anos no momento da recolla, naceu cara o 1925 e foi labrega

Notas sobre o texto

Clasificación: Romance de Reices

Notas sobre a transcrición do texto

Outra transcripción desta peza en conxunto coa peza #618 deste mesmo repositorio (MPG_TrOr_0001_007_B_en_0_36_27_id618), feita por Costa Pérez, Evelio; Fernández Cerviño, María Xosé; Lamela Villaravid, Carme, está dispoñible en: ESCOLMA R.REIS-9; P. 37 e GUÍA DIDÁCTICA A NOSA TRADICIÓN ORAL. Museo do Pobo Galego, 1996; P.32.

Notas xerais

En 1994, o Museo do Pobo Galego presentou á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria un proxecto sobre a tradición oral, a desenvolver a través da escola. O programa comprendía dúas fases: un curso teórico previo para os profesores, e o traballo de campo, a realizar ao longo do ano escolar. A actividade, homologada pola Consellería, iniciouse coas sesións teóricas, celebradas entre o 7 e o 10 de novembro de 1994 nas dependencias do Museo. Durante os meses de novembro do 94 a maio do 95 desenvolveuse o traballo de campo, no que participaron profesores e alumnos de 24 institutos das provincias de A Coruña e Pontevedra. No ano 1995 realizouse a ordenación e clasificación da información recollida, de xeito que permitira o estudio, selección e elaboración de materiais para a confección dunha guía didáctica (publicada no 1996 polo Museo) e a formación dunha base de datos para fins de investigación conservada no APOI. (Referencia: A NOSA TRADICIÓN ORAL. Museo do Pobo Galego, 1996) A publicación constaba dun folleto e unha cinta magnetofónica, que reproducía unicamente unha breve selección das gravacións efectuadas por alumnos de centros escolares da Coruña e Pontevedra na fase de traballo de campo do programa Recupera-la tradición oral: un proxecto interactivo museo-escola.

Persoal do arquivo: Editar elemento