O MAR ARTES E EMBARCACIÓNS DE PESCA 2.5.
Id: | 534 |
Coleccion: | Santos- Villaverde SaVi |
Ano de recolla: | 1992 |
Concello: | Moaña. |
Informantes: | - Bernárdez Villaverde, Antonio José |
Audio (Entrevista)
MPG_SaVi_0002_005_en_0_28_54_id534.mp3 - Arquivo principal Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (15MB) |
|
Texto (Documento de transcrición e análise)
MPG_SaVi_0002_005_en_0_28_54_id534_D.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (177kB) |
|
Texto (Táboa de contido minutado do total da entrevista)
MPG_SaVi_0002_005_en_0_28_54_id534_D2.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (311kB) |
Resumo / Descrición
Esta ficha recolle o quinto corte dos que se divide a segunda das 11 entrevistas realizadas a Antonio José Bernárdez Villaverde por Xosé C. Villaverde Román durante o verán de 1992 na zona de Moaña. A entrevista trata sobre algunhas artes de pesca como a fisga e a pitera; que capturas facían, como se usaban e en que embarcacións. Tamén fala de como se usaban os botes para cazar gaivotas
Palabras chave: | pesca , artes de pesca , fisga , pitera , palangre , buraz , trasmallo , boliche , bou , xeito , embarcación , bote , gaivota |
---|---|
Tipo de rexistro: | Etnográfico xeral |
Feito rexistrado: | Entrevista |
Áreas de coñecemento: | SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Artes de pesca SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Saberes sobre o mar e o peixe |
Colección: | Santos- Villaverde SaVi |
Compilador: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
Autor da recolla: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
Informante: | Bernárdez Villaverde, Antonio José |
Lugar de compilación: | Moaña - O Carmen - O Carmen |
Data: | 21 xullo 1992 |
Duración do corte: | 16 min. 39 seg. |
Soporte orixinal: | Casete |
Transcritor do texto: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
Referencia do arquivo principal: | MPG_SaVi_0002_005_en_0_28_54_id534.mp3 |
Data de depósito: | 02 Dec 2019 17:29 |
URI: | http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/534 |
Notas da recolla
No verán de 1992 Xosé C. Villaverde Román realizou unha serie de entrevistas na zona de Moaña. O obxectivo era recopilar información de primeira man a través de fontes orais sobre os traballos e a vida cotiá no mar en Galicia de cara a publicación dun libro que levaría por título “O mundo do mar segundo a tradición oral”. Os traballos supuxeron todo un exercicio de memoria viva, recopilando unha valiosa información sobre saberes tradicionais do mundo do mar de man das propias persoas protagonistas. O libro nunca se chegou a publicar, non obstante as gravacións orixinais recollidas forman agora parte do APOI, que dispón de tódalas entrevistas realizadas, así como das transcricións e das análises das mesmas feitas e revisadas polos propios compiladores.
Na sede do APOI no Museo do Pobo Galego poden escoitarse as entrevistas completas que eleximos presentar na rede cortadas para optimizar o traballo de busca.
Notas sobre os informantes
O informante, Antonio José Bernárdez Villaverde foi armador dun barco que se chamaba “María del Carmen”. Coñecido polo seu nome de pila e alcume: Pepe “Fanico”. Persoa de voz xa gastada. En ocasións nótase cansancio e afonía
Notas sobre a dixitalización
Este arquivo chegou ao APOI xa dixitalizado,editado en cortes e gravado en CD. Asemade chegaron as cintas casete orixinais de procedencia.
Notas sobre o texto
Aclaración de termos:
- “Cando ibas á seca”: ir á seca refírese a buscar o peixe na baixamar das lúas de forza.
- “Colillo” é un alcume e “Jaldas” o apelido dunha familia.
Notas xerais
As gravacións foron achegadas nun principio por Iago Santos Castroviejo aínda que nun momento posterior incoporouse Xosé Carlos Villaverde Román e acordaron constituir unha colección conxunta para o APOI
Persoal do arquivo: | Editar elemento |