O MAR ARTES DE PESCA 1.1.
| Id: | 491 |
| Coleccion: | Santos- Villaverde SaVi |
| Ano de recolla: | 1992 |
| Concello: | Moaña. |
| Informantes: | - Bernárdez Villaverde, Antonio José |
|
Audio
MPG_SaVi_0001_001_en_0_00_00_id491.mp3 - Arquivo principal Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (8MB) |
|
|
Texto (Documento de transcrición e análise)
MPG_SaVi_0001_001_en_0_00_00_id491_D.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (143kB) |
|
|
Texto (Taboa de contido minutado do total da entrevista)
MPG_SaVi_0001_001_en_0_00_00_id491_D2.pdf - Material adicional Dispoñible baixo licencia Creative Commons Atribución-No Comercial. Descargar (300kB) |
Resumo / Descrición
Esta ficha recolle o primeiro corte dos que se divide a primeira das 11 entrevistas realizadas a Antonio José Bernárdez Villaverde por Xosé C. Villaverde Román durante o verán de 1992 na zona de Moaña.
A entrevista trata sobre as artes de pesca do xeito e o boliche e a forma de traballar en postas.
| Palabras chave: | pesca, artes de pesca, boliche, xeito, cerco, postas, salabardo |
|---|---|
| Tipo de rexistro: | Etnográfico xeral |
| Feito rexistrado: | Entrevista |
| Áreas de coñecemento: | SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Artes de pesca SABERES RELACIONADOS COA ACTIVIDADE MARIÑEIRA > Saberes sobre o mar e o peixe |
| Colección: | Santos- Villaverde SaVi |
| Compilador: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
| Autor da recolla: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
| Informante: | Bernárdez Villaverde, Antonio José |
| Lugar de compilación: | Moaña - O Carmen - Moaña |
| Data: | 21 xullo 1992 |
| Duración do corte: | 9 min. 43 seg. |
| Soporte orixinal: | Casete |
| Transcritor do texto: | Villaverde Román, Xosé Carlos |
| Referencia do arquivo principal: | MPG_SaVi_0001_001_en_0_00_00_id491.mp3 |
| Data de depósito: | 24 Junio 2019 17:21 |
| URI: | http://apoi.museodopobo.gal/id/eprint/491 |
Notas da recolla
No verán de 1992 Xosé C. Villaverde Román realizou unha serie de entrevistas na zona de Moaña. O obxectivo era recopilar información de primeira man a través de fontes orais sobre os traballos e a vida cotiá no mar en Galicia de cara a publicación dun libro que levaría por título “O mundo do mar segundo a tradición oral”. Os traballos supuxeron todo un exercicio de memoria viva, recopilando unha valiosa información sobre saberes tradicionais do mundo do mar de man das propias persoas protagonistas. O libro nunca se chegou a publicar, non obstante as gravacións orixinais recollidas forman agora parte do APOI, que dispón de tódalas entrevistas realizadas, así como das transcricións e das análises das mesmas feitas e revisadas polos propios compiladores.
Na sede do APOI no Museo do Pobo Galego poden escoitarse as entrevistas completas que eleximos presentar na rede cortadas para optimizar o traballo de busca.
Notas sobre os informantes
O informante, Antonio José Bernárdez Villaverde foi coñecido polo seu nome de pila e alcume: Pepe “Fanico”.Persoa de voz xa gastada. En ocasións nótase cansancio e afonía
Notas sobre a dixitalización
Este arquivo chegou ao APOI xa dixitalizado,editado en cortes e gravado en CD. Asemade chegaron as cintas casete orixinais de procedencia.
Notas sobre o texto
Aclaración de termos: “Parte”: A parte era un sistema económico da repartición das ganancias sobre as vendas do peixe
Notas sobre a transcrición do texto
As partes do texto onde aparecen puntos suspensivos “...” no medio da conversas correspóndense con partes inintelixibles ou que aparecen cortadas no audio e polo tanto non se poden transcribir.
Notas xerais
As gravacións foron achegadas nun principio por Iago Santos Castroviejo aínda que nun momento posterior incoporouse Xosé Carlos Villaverde Román e acordaron constituir unha colección conxunta para o APOI
| Persoal do arquivo: | Editar elemento |